
Os participantes deberán ser familiares de persoas colexiadas. O número máximo de candidaturas por colexiado é de tres. O premio que recibirá o gañador será unha tableta para a categoría A, e uns auriculares sen fíos para a categoría B.
A xunta de goberno do CPEIG elixirá, de entre os dous gañadores, a obra que será a felicitación oficial do Colexio para estas festas.
Segundo as bases do certame, a técnica é libre e poderanse usar pinturas, témperas, ceras, colaxe, etc. O formato pode ser vertical ou horizontal. Os participantes poderán enviar as súas propostas ata as 16:00 horas do día 11 de decembro, remitíndoas ao correo electrónico informacion@cpeig.gal, cos datos do candidato e xuntando a postal dixitalizada con calidade e en formato jpg ou png. O fallo do xurado farase público na web do colexio o 13 de decembro.
Aberta a décima edición do Concurso de Postais de Nadal do CPEIG
Compartir Este Artigo

