
Uns galardóns de periodicidade anual
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca, con periodicidade anual, os Premios de Publicidade en Galego, co obxectivo concreto “de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan xeral de normalización lingüística”.
Cinco premios
Na presente edición, o departamento de Política Lingüística que dirixe Valentín Garcia establece cinco premios, un por cada unha das seguintes categorías, segundo o medio de difusión: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un recoñecemento extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos.
Para cada categoría, (agás para a especialidade educativa), configúranse dúas modalidades de premio, de xeito que, polos traballos que resulten galardoados, recibirán cadanseu premio tanto a empresa anunciante como a axencia de publicidade.
Os premios consistirán na entrega dunha certificación e mais dunha obra artística.
O prazo de inscrición nesta convocatoria e, así mesmo, para a presentación dos traballos que concorren aos premios comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Portal da Lingua (a web da Secretaría Xeral de Política Lingüística) e rematará o 30 de decembro.
Política Lingüística convoca a edición 28 dos Premios de Publicidade en Galego
Compartir Este Artigo

