Este 14 de decembro vaise celebrar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago, entre as 11 e as 14 horas, unha xornada sobre as posibilidades que abren as tecnoloxías disruptivas en materia de promoción sustentable dos territorios, favorecendo a creación de xeodestinos turísticos intelixentes e rendibles no tempo. A xornada Tecnoloxía e Turismo: sinerxías entre dous mundos encádrase no proxecto NOVATFE.
Tocaranse temas como os destinos intelixentes, as posibilidades turísticas da Realidade Aumentada e Virtual ou os apoios dos que podemos botar man para transformar as nosas iniciativas turísticas.
A inscrición pódese formalizar xa en liña. A xornada celebrarase en formato presencial e en streaming.
Programa
11:00 Apertura institucional
11:15 Destinos turísticos intelixentes. Exemplos desde a tecnoloxía
José Manuel Enriquez Trigás. Servizo de Informática Deputación de Ourense.
11:45 Transformando o turismo e a cultura coa Realidade Aumentada.
Xoel Vázquez Divos. XOIA Extending Reality.
12:30 Descanso
12:45 Dixitalización e apoios no ámbito turístico
Santiago Paz Noya, de Dos Espacios Internet Consulting
13:15 Mesa Redonda de Conclusións
14:00 Peche
O proxecto
NOVATFE é un proxecto dirixido ao desenvolvemento de novos modelos de negocio baseados nas chamadas Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais (TFE). É unha iniciativa de cooperación transfronteiriza Interreg POCTEP NOVA TFE, cuxa finalidade é apostar por novos modelos negocio ao redor destas tecnoloxías, especialmente ás vinculadas á fabricación avanzada (fabricación aditiva, fabrica 4.0) e TIC (Industria 4.0, Internet das Cousas, Cidades Intelixentes).
O proxecto NOVATFE persegue achegar ás pequenas e medianas empresas de áreas non urbanas do espazo de cooperación ás estruturas de investigación e transferencia existentes (rede específica), apoiar novos modelos de negocio innovadores e intensivos en tecnoloxía (TFE) a través de estratexias innovadoras (laboratorios de experimentación e prototipado), e acompañar ás pemes na súa procura de socios, provedores e financiamento.
O proxecto ten o impulso da Universidade de Vigo, a Mancomunidade do Salnés, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia (Vicepresidencia primeira) e o Municipio de Valença.
As novas sinerxías das tecnoloxías e o turismo, ao detalle nunha nova xornada de NOVATFE
Compartir Este Artigo

