O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe a candidatura galega presentada aos fondos de reconstrución europeos e a dixitalización como exemplo da «política de luces de estrada que enfoca ás seguintes xeracións sen cegar os retos inmediatos», lembrando que Galicia abordou a oportunidade dos fondos Next Generation cunha candidatura de 20.000 millóns de euros, dos que a metade se centran na transición enerxética, economía circular, eficiencia e mobilidade sustentable.
O presidente do Goberno galego aproveitou a intervención para subliñar os últimos avances producidos no ámbito da dixitalización: o 90% dos fogares galegos están conectados a internet, desenvolvéronse preto de 30 proxectos piloto 5G cun investimento público-privado de 22 millóns de euros e 55.000 estudantes asisten a clase con libro dixital. Sobre este punto, puxo en valor a Estratexia Galicia Dixital 2030 que ten a pretensión de mobilizar 4.000 millóns de euros para que en 5 anos o 85% das micropemes a empreguen na Administración dixital, que o 70% das persoas conten con competencias dixitais básicas ou que a metade das empresas vendan por canais dixitais.
Ao fío disto, avanzou que na reunión do Consello de mañá se abordará a aposta da Administración polo uso da tecnoloxía cloud cun investimento de 22 millóns de euros, que permitirá aforrar custos, mellorar a dispoñibilidade da información e ser máis áxiles.
Feijóo reivindica a candidatura galega aos fondos de recuperación europeos e o avance da dixitalización
Compartir Este Artigo
