O 3 de decembro de 1992 realizouse a primeira transmisión dunha mensaxe de texto móbil (SMS), recibido polo empregado de Vodafone Richard Jarvis nunha festa de Nadal cunha simple felicitación («Merry Christmas»), e esta cadea de texto de 15 letras que fixeron historia vai ofrecerse mediante poxa en formato NFT nunha venda única organizada por Aguttes Auction House en Francia. O comprador, poderá pagar coa criptomoeda Ether, obterá a propiedade exclusiva dunha réplica detallada e única do protocolo de comunicación orixinal que transmitiu a primeira SMS do mundo.
A poxa en liña terá lugar o 21 de decembro e Vodafone doará as ganancias da venda a ACNUR, a axencia da ONU para os refuxiados.
Resulta curioso que esta operación teña lugar cando as mensaxes de texto están preto de chegar ás tres décadas e, pese ao seu éxito inicial, nos últimos anos perderon pulo por mor da emerxencia das aplicacións de mensaxería instantánea que proliferaron principalmente por culpa dos prezos abusivos das SMS.
A primeira SMS poxarase como NFT
Compartir Este Artigo
