O fenómeno das últimas semanas, o xogo en liña chamado Wordle, que incluso ten unha versión en galego, vén de escribir un novo capítulo na súa historia, co xornal The New York Times adquirindo este xogo ao seu autor, Josh Wardle, por unha cantidade que podería ter superado o millón de dólares, algo que resulta bastante rechamante xa que estamos ante un xogo de balde que conta actualmente con moitísimos clons.
Dende The New York Times conta con xogos dende 1942, cando incluíron nas súas páxinas os encrucillados, e foron ampliando o catálogo de xogos cativando a un bo número de lectores, que en 2021 xogaron a eles máis de 500 millóns de veces, co que xustifican a incorporación do quebracabezas de moda.
Polo momento Wordle continuará a poder xogarse de balde, pero no futuro poderían adoptar estratexias máis restritivas e incluso emprender unha loita activa contra os clons do xogo (aínda que enténdese que só poderían actuar para protexer a súa marca, xa que a mecánica de xogo non é orixinal).
The New York Times merca Wordle
Compartir Este Artigo
