O operador Orange anuncia hoxe o seu plan de despregamento da rede 5G na banda dos 700 MHz, que ao longo do presente ano chegará aos seus clientes en máis de 1.100 concellos, 820 deles con poboacións de entre 1.000 e 50.000 habitantes e 140 en poboacións de menos de 1.000 habitantes, co que pretenden axudar a reducir a fenda dixital.
As conexións 5G achegan maiores velocidades de acceso á Rede, menores latencias (para, por exemplo, poder xogar en liña) e a posibilidade de conectar máis dispositivos de xeito simultáneo, ao que, sumado o uso das frecuencias na banda dos 700 MHz consegue mellor cobertura en interiores.
Tamén confían que a 5G sexa clave para o Internet das Cousas, os vehículos autónomos e outras tecnoloxías que irán emerxendo nos vindeiros anos.
Orange anuncia o despregamento da súa rede 5G na banda dos 700 MHz
Compartir Este Artigo
