Dentro da modernización da relación dos cidadáns coas administracións públicas ten especial relevancia a dixitalización dos documentos de identidade, entre os que está a servir de pioneira a aplicación móbil miDGT, que fai as funcións de carné de conducir e permiso de circulación a todos os efectos, e nos últimos días deu un paso máis ao facilitar a xestión de multas.
Deste xeito, a través de miDGT podemos consultar e pagar as nosas sancións de Tráfico e, no caso de non sermos nós mesmos os que conducimos, tamén podemos empregar esta ferramenta para identificar ao condutor do noso vehículo no momento da infracción sancionada.
Pero non ter que acudir a unha oficina de Correos ou a unha oficina bancaria para pagar unha multa non é a única novidade da aplicación móbil, que tamén permite pedir cita previa nas oficinas da Dirección Xeral de Tráfico e incluso consultar os resultados dos exames realizados ata 15 días despois dos mesmos.
A aplicación miDGT permítenos pagar multas
Compartir Este Artigo
