Samsung anuncia que a partir de hoxe o célebre Ibai Llanos será colaborador e imaxe da marca e tamén o club de deportes electrónicos Finetwork DOI (de Ibai Llanos e Gerard Piqué) asinará un patrocinio exclusivo con Samsung.
Actualmente Ibai Llanos é todo un referente na comunicación a través da Rede en fala hispana, acumulando preto de 1.500 millóns de visualizacións e preto de 20,5 millóns de seareiros nas distintas plataformas sociais e de creación de contidos nas que destacou como narrador e creador.
Dende Samsung cren que esta colaboración facilitará á marca surcoreana un achegamento ao público mozo a través de eventos innovadores, contidos relevantes e beneficios exclusivos. O desenvolvemento deste acordo irase vende ao longo do ano, e incluirá a incorporación de diferentes gamas de produto de Samsung ás experiencias xeradas por Ibai e KOI, así como nas súas casas e espazos de competición.
Samsung ficha a Ibai Llanos
Compartir Este Artigo
