
Nos casos denunciados realizáronse transferencias bancarias por valor de ata 30.000 euros, transferencias por Bizum de ata 500 euros e incluso a obtención de préstamos de ata 43.000 euros, delitos dos que os prexudicados non son conscientes ata que é tarde, xa que o único indicio que teñen é que o seu móbil queda sen cobertura (xa que a liña pasa a operar co duplicado da SIM e non coa SIM orixinal). Aínda que desta volta a AEPD estea a sancionar aos operadores de telecomunicacións boa parte da responsabilidade debería recaer nas entidades bancarias, que están a empregar para verificar as operacións un sistema tan inseguro como son as mensaxes de texto, algo incomprensible nun momento no que temos smartphones con aplicacións móbiles que poderían facilitar comunicacións de códigos de xeito seguro.
Entre as sancións publicadas podemos ver como Telefónica terá que pagar unha sanción de 900.000 euros, Orange unha sanción de 700.000 euros, Simyo (Orange) unha sanción de 70.000 euros, Yoigo (MásMóvil) unha sanción de 200.000 euros e Vodafone unha impresionante sanción por valor de 3.940.000 euros.
Preto de 6 millóns de euros en multas aos operadores de telefonía por facilitar o SIM swapping
Compartir Este Artigo
