Tras un período de probas por territorios, Facebook Reels para iOS e Android espállanse a máis de 150 países de todo o mundo, o que podemos considerar como o lanzamento global deste formato que xa está moi presente en Instagram, e co que Facebook busca competir directamente con TikTok, tanto adoptando un formato semellante como facilitando que os creadores poidan contar con novos xeitos de conseguir ingresos económicos.
Os Reels de Facebok levan meses dispoñibles nos EE.UU., con uso moi dispares deste formato audiovisual, e para darlle pulo anuncian agora que crearán un programa de bonificacións aos creadores de xeito que os que consigan superar certo nivel de éxito recibirán ata 35.000 dólares/mes. Confían en trasladar o programa fóra dos EE.UU. nos vindeiros meses.
A publicidade tamén estará presente nos Reels de Facebook, con formatos como banners que parecerán na parte inferior da pantalla e adhesivos estáticos que os creadores poderán colocar onde consideren oportuno. Os ingresos deste tipo de publicidade compartirase cos creadores.
Este novo formato en Facebook conta con ferramentas para facilitar a creación deste tipo de vídeo vertical que pode ter unha duración de ata 60 segundos.
Os Reels están a facerse visibles en numerosos lugares de Facebook, como un xeito de explorar este novo formato e probar onde sería máis efectivo o seu consumo, pois estamos ante un tipo de vídeo que se atopa a medio camiño entre os vídeos de longa duración e a historias.
Os Reels de Facebook estréanse globalmente
Compartir Este Artigo
