As ofertas de conexións de fibra óptica a 100 Mbps parecen estar en perigo de extinción, e despois de que MásMóvil e Simyo triplicasen a velocidade desas conexións sen incremento de prezo, chega Lowi e fai o mesmo, ofrecendo conexións de fibra a 300 Mbps e móbil con chamadas ilimitadas e 10 GB de datos por 29,95 euros/mes.
Esta nova tarifa chega para directamente para os novos clientes, mentres que os actuais deberán solicitar a actualización á nova tarifa a través da aplicación de Mi Lowi ou chamando ao 121.
O resto de combinados de fibra e móbil de Lowi manteñen as súas condicións, de xeito que a anterior conexión con fibra a 300 Mbps segue a custar 34,95 euros/mes, pero como diferenza coa vella tarifa de 100 Mbps a súa liña móbil asociada ten 25 GB de datos, polo que os usuarios que a teñen contratada deberían revisar se realmente superan os 10 GB de datos ao mes, xa que en caso contrario compensaríalles mudar de tarifa.
Lowi incrementa a velocidade do seu combinado de fibra e móbil máis barato
Compartir Este Artigo
