Nun momento no que o mercado das telecomunicacións é altamente competitivo, hai distintas prácticas para captar e fidelizar clientes, e dende Jazztel levan tempo co Plan Amigo a través do que compensan aos clientes que convencen a amigos e familiares a contratar coa compañía, bonificando a ambas partes e, en vista do éxito deste programa de embaixadores, estrean o novo Plan Amigo, que recompensa con 40 euros de desconto tanto ao recomendador como ao novo cliente por cada contrato de fibra e móbil que se realice a través da Internet, e con 20 euros no caso de que a contratación sexa exclusivamente de fibra.
Esta promoción pode beneficiar aos clientes de Jazztel que acheguen ata a 5 novos usuarios ao ano, ou sexa, que pode supor un desconto de ata 200 euros/ano. Os novos clientes de Jazztel que queiran aproveitar esta promoción teñen que comunicar o número de teléfono e de DNI do amigo ou familiar que os recomendou no momento da contratación.
Jazztel mellora o seu programa de afiliación para clientes
Compartir Este Artigo
