Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Mesa felicita á sociedade galega pola súa contribución ao acordo entre Netflix e a Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Mesa felicita á sociedade galega pola súa contribución ao acordo entre Netflix e a Xunta

S. P.
Publicado: 15/03/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

netflix_en_galego.jpgA Mesa pola Normalización Lingüística emitiu un comunicado no que valora positivamente o acordo anunciado este 15 de marzo entre a Xunta e Netflix do que falamos en Código Cero, e que se dirixe a materializar a dobraxe e lexendaxe de máis de 60 filmes ao ano, con especial presenza de contidos infantís. Segundo lembra A Mesa, trátase dun dos puntos recollidos pola Iniciativa Xabarín impulsada pola entidade de defensa da lingua, que contou co apoio de 33.000 sinaturas e que concitou a unanimidade parlamentar. A proposición unánime do Parlamento Galego instaba á Xunta “a chegar a a acordos con outras administración e empresas co fin de garantir a opción dobrada e lexendada a galego”.
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, lembrou “que o Parlamento galego foi o único do Estado en se facer eco da ampla demanda cidadá ante a exclusión do galego dos produtos audiovisuais, nomeadamente das grandes plataformas, que reuniu ducias de colectivos sociais, centos de estabelecementos comerciais e, finalmente, máis de 33000 sinaturas que permitiron o acordo unánime do Parlamento galego”. Na súa opinión, o conxunto da sociedade da nosa terra ten motivos de abondo para congratularse, “por ter sido a propia cidadanía o motor dun acordo útil para o galego e útil para todas as linguas do Estado, o que demostra que a unidade pola lingua é o mellor axente nornalizador”.
O acordo entre a Xunta e Netflix chega en pleno debate no congreso sobre a Lei Audiovisual no que os puntos da Iniciativa Xabarín relativos ás grande plataformas estarán presentes grazas á Iniciativa polo audiovisual galego, no que participan entidades do ámbito académico, profesional, empresarial e lingüístico e que xa presentou as súas emendas aos principais grupos políticos.
“O obxectivo da Iniciativa Xabarín era que o audiovisual deixase de ser un ermo para o galego”, recordou Maceira, “e nese sentido cónstanos que está a traballar a TVG, que disponibilizará a súa plataforma audiovisual con canle xabarín este ano, e avanza o acordo da Xunta con Netflix”.
Maceira engadiu que segue a existir un importante materia pendente: “Só falta que a Lei Audiovisual camiñe tamén nese sentido, e niso está a traballar a Mesa conxuntamente coas entidades dos sector e cos partidos políticos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?