Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 155 millóns de euros para que as comunidades autónomas melloren o acceso á Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Banda larga

155 millóns de euros para que as comunidades autónomas melloren o acceso á Rede

Redacción
Publicado: 15/03/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

antenna-geb271939b.jpgO Consello de Ministros autorizou hoxe unha transferencia de 155 millóns de euros ás comunidades autónomas para avanzar no desenvolvemento de tres iniciativas do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais (UNICO): ÚNICO-Industria e Empresas, ÚNICO-Bono Social e ÚNICO-Edificios, cuxo obxectivo é reforzar o acceso á conectividade en todo o territorio e mellorar as conexións de banda larga ultra rápida (máis de 100 Mbps) nas áreas de concentración económica e as empresas. A transferencia aprobada hoxe corresponde ao período 2022-2023 e completa as previstas no Plan de Recuperación. Actuacións a financiar:
– Programa ÚNICO-Industria e Empresas ten unha dotación de 75 millóns de euros para o período 2022-2023 e o seu obxectivo é reforzar a conectividade en polígonos, centros loxísticos e áreas de concentración de actividade económica, situados en zonas brancas ou zonas grises NGA. O programa incluirá tanto o despregamento de banda ancha que permita velocidade de 300 Mbps, escalables a 1 Gbps, como a interconexión dos centros ou instalacións entre si, coa finalidade de facilitar o acceso de altas prestacións a redes en proxectos de carácter innovador de dixitalización sectoriais. O orzamento previsto para o exercicio de 2022 é de 25 millóns de euros e para o de 2023, 50 millóns de euros. En 2021 dispuxéronse de 25 millóns de euros. A distribución dos fondos realizouse de acordo con criterios de extensión de territorio e número de empresas nas comunidades autónomas. O obxectivo do programa é que 1.600 pequenos polígonos industriais e ámbitos empresariais alcancen unha velocidade de conectividade de 1 Gigabit.
– ÚNICO-Bono Social ten unha dotación de 10 millóns de euros para 2022 e outros 10 millóns para 2023 (o mesmo orzamento que en 2021). Este programa consiste na creación dun bono social que permita contratar ou mellorar a conexión a banda ancha fixa, cunha velocidade mínima de 30 Mbps, para persoas ou familias identificadas como vulnerables. Existirá unha limitación dun bono por unidade familiar e persoa con contía máxima do bono de 240 euros/ano. Poden colaborar co programa do bono social aqueles operadores que presten servizo en todas ou nalgunha das comunidades e cidades autónomas. A distribución entre as comunidades autónomas realizouse de acordo ao número de familias en risco de pobreza. O obxectivo é a concesión de polo menos 125.000 bonos de conectividade para persoas ou familias cualificadas de vulnerables para a adquisición dun paquete de conexión de banda ancha coa tecnoloxía máis adecuada
– ÚNICO-Edificios permitirá mellorar as instalacións de telecomunicacións nos edificios construídos antes do ano 2000. A dotación para 2022 e 2023 é de 60 millóns de euros e distribúese en función do número de edificios construídos antes do ano 2000. Para o primeiro ano contémplanse 40 millóns de euros (o dobre que en 2021) e para 2023 de 20 millóns de euros. Con estas axudas preténdese contribuír ao obxectivo de 13.600 edificios, como mínimo, que mellorasen a infraestrutura común de redes de conectividade a fin de convertelas en redes de moi alta capacidade.
Estes investimentos enmárcanse no compoñente 15 do Plan de Recuperación: conectividade dixital, impulso da ciberseguridade e despregamento da 5G, que conta cunha dotación de 4.000 millóns de euros para estender a conectividade dixital, desenvolver a tecnoloxía 5G e impulsar a ciberseguridade. O seu despregamento contribúe a unha recuperación sólida e sostible da economía española e favorece a modernización do país.
As comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla contarán con marxes de flexibilidade para adaptar os programas ás necesidades de cada rexión, estando aliñadas co cumprimento dos fitos e obxectivos asignados neste compoñente. Así mesmo, deberán establecer sistemas de xestión independentes que faciliten o control da execución das axudas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Banda larga

A fibra óptica sumou máis de 100.000 novas liñas en setembro

13/11/2026
Banda larga

Starlink adopta unha política de prezos flexibles

30/10/2026
Banda larga

O 91,5% das vivendas de Galicia xa ten cobertura de banda larga cun mínimo de 100 Mbps

28/10/2026
internet_rural.jpg
Banda larga

A provincia de Ourense, á cola de España en cobertura de fibra óptica

27/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?