Os televisores conectados de Samsung lanzados a partir de 2018 están a recibir a aplicación de TikTok, facilitando así o consumo desta popular plataforma de vídeo dende no salón da casa en vez de empregar o smartphone, podendo transformar a experiencia de consumo deste tipo de contidos, que deste xeito poden gozarse de xeito colectivo.
Tamén cómpre salientar o feito de que co televisor The Sero é posible aproveitar toda a superficie da súa pantalla para consumir contidos de TikTok xa que este televisor pode rotarse para gozar dunha experiencia de consumo audiovisual de vídeo vertical sen comparación.
A nova aplicación para os televisores Samsung permite visualizar, comentar e dar a like aos vídeos que son tendencia, podendo así gozar dos contidos máis importantes de TikTok, podéndose tamén bloquear ou marcar os vídeos que non interesen. É preciso destacar que TikTok funciona automaticamente en modo restrinxido, ou sexa, que filtra o contido que pode non ser apropiado para todos os públicos. Para gozar desta aplicación non é preciso ter conta de usuario en TikTok.
TikTok chega aos televisores de Samsung
Compartir Este Artigo
