Actualmente o operador de baixo custo de Movistar, O2, ten 4 grandes tarifas combinadas para as zonas que a CNMC considera que resultan competitivas (que lembremos que no caso de Galicia son Ames, Arteixo, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Narón, Noia, Oleiros, Ribeira, Sada, Santiago de Compostela, Lugo, Viveiro, Cambados, Cangas, Marín, Moaña, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Vigo e Vilagarcía de Arousa), pero para o resto de territorios só permite contratar a súa tarifa combinada con fibra de 600 Mbps, teléfono fixo e móbil con 60 GB a un prezo de 50 euros/mes á que está a unirse unha nova tarifa, que por 43 euros/mes achegaría fibra a 300 Mbps, teléfono fixo e móbil con 10 GB de datos.
Resulta evidente que esta nova tarifa é pouco competitiva, pero pode resultar interesante para todos os que estean nunha zona regulada pola CNMC e que busque simplemente unha tarifa económica con cobertura de Movistar.
O2 incrementa a oferta de tarifas en zonas reguladas
Compartir Este Artigo
