DGS Proxectos vai mostrar nun webinar as capacidades da nova actualización V22 da ferramenta BricsCAD, un recurso tecnolóxico de primeira orde para o deseño asistido por computador (CAD e BIM). Farao o 6 de abril, en horario de 16:30 a 17:30 horas, poñendo o foco nos profesionais do ámbito galego. A empresa DGS é distribuidora oficial de BricsCAD en España.
A sesión incluirá unha breve presentación que durará 60 minutos onde ao final realizarase un sorteo para os participantes dunha licenza de BricsCAD Ultimate, a licenza premium da ferramenta, que permite o traballo en 2D, 3D, BIM e Mechanical e que está valorada en 1.319 euros, incluíndo un ano de soporte e actualizacións de balde.
Segundo informan dende DGS, se ben BricsCAD é un programa relativamente pouco coñecido, experimentou nos últimos anos un importante crecemento e xa conta con máis de 10.000 licenzas funcionando en España (desde profesionais individuais a compañías con máis de 300 licenzas).
A inscrición ao webinar é gratuíta e faise a través da web de CADDGS, póndonos en contacto con DGS Proxectos a través do teléfono 91 400 89 98 ou escribindo un correo a info@dgsproyectos.com.
Todo o que precisamos saber sobre BricsCAD, nun webinario o día 6 para profesionais galegos
Compartir Este Artigo

