
Segundo engadiron fontes do Consistorio, as persoas que queiran conectarse só terán que seleccionar o sinal Wi-Fi identificado como ‘Wifi4YOU’ e unha vez dentro aceptar as condicións. Os traballos destinados á implantación deste novo servizo gratuíto foron realizados pola empresa Wireless Galicia, S.L.
As doce localizacións son as seguintes:
– Praza do Concello
– Área da Oficina de Atención Cidadá (Casa do Concello)
– Interior do Mercado Municipal
– Centro Cultural Lustres Rivas
– Biblioteca Municipal
– Exterior da Oficina de Turismo do Malecón
– Parque merendeiro situado xunto á UAD
– Praia de Coroso (entorno da UAD)
– Complexo Polideportivo da Fieiteira
– Conservatorio Enrique Paisal
– Praza do Centenario
– Entorno da nova estación de autobuses.
Xa están operativos os doce puntos de conexión de balde de Ribeira do proxecto WiFi4EU
Compartir Este Artigo

