Meta está a anunciar novidades para a mensaxería de Instagram, favorecendo así que os usuarios desta aplicación a empreguen para comunicarse cos seus amigos dun xeito divertido.
Aseguran ter mellorado considerablemente o xeito de chatear permitindo responder a novas mensaxes mentres estamos navegando polas publicacións de Instagram, poder enviar rapidamente a un amigo un contido interesante sen ter que interromper a experiencia de uso da aplicación e, na parte superior da nosa listaxe de conversas tamén poderemos ver aos amigos que están en liña nese momento, para saber así se podemos iniciar unha conversa con eles.
Os fíos na mensaxería tamén están a recibir novidades, como a posibilidade de reproducir mostras de 30 segundos de cancións de Apple Music, Amazon Music e Spotify; posibilitar o envío de mensaxes sen notificación (para non molestar cando se envían de madrugada ou cando os destinatarios están no traballo); e a creación de enquisas en conversas de grupo para, por exemplo, decidir o lugar onde quedar.
Estas novas características irán chegando por territorios, coa intención de que rematen estando dispoñibles globalmente.
Instagram introduce melloras no seu chat
Compartir Este Artigo
