Aseguran que Iberdrola padeceu un ataque informático o pasado 15 de marzo en I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, a empresa distribuidora do grupo Iberdrola, provocando o roubo de información persoal de 1,3 millóns de clientes, que non afectaría a datos financeiros ou de consumo eléctrico, senón que limitaríase a datos como o DNI, o enderezo, o número de teléfono e o enderezo de correo electrónico.
A compañía tería comunicado a incidencia aos afectos así como denunciado os feitos ante a Brigada Central de Investigación Tecnolóxica da Policía e poñéndoos en coñecemento da Axencia de Protección de Datos. Iberdrola tería sido advertida da posibilidade do ataque por parte de autoridades norteamericanas, o que serviu para reforzar a seguridade, o que impediu que se puidese filtrar información crítica.
Aínda que este tipo de ataque non consiga expor datos bancarios, achegan bastante información que serve para suplantar identidades ou para cometer distintos tipos de calotes por canles electrónicas, que grazas á información persoal recollida poden ser moi cribles, de aí que este tipo de ataques sexan especialmente preocupantes polas súas consecuencias a longo prazo.
Rouban datos persoais de 1,3 millóns de usuarios de Iberdrola
Compartir Este Artigo
