Este mércores 6 de abril celebrarase unha nova sesión do ciclo de charlas SinFiltro, impulsado por Marcelo Castelo. Contarase coa presenza de Miguel Ángel Domínguez, presidente de Alastria Blockchain, acompañado do convidado da sesión anterior, Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) e máis do CCII (Colegios Profesionales de Ingeniería en Informática de España).
Nesta nova cita de SinFiltro, Miguel Ángel Domímguez enfrontarase a un faladoiro informal e divertido con Marcelo Castelo, comunicador galego e experto en comunicación. Unha vez máis, baixo a escusa de falar de tecnolóxica, abordaranse temas que non teñen relación aparente coa mesma, como sexo, política ou mesmo relixión, pero que tamén son quen de ilustrar o estado de cousas informativo e comunicativo no que nos atopamos. “O obxectivo é reverter o falso tópico do tecnólogo frío e sen simpatía”, advirten os impulsores de SinFiltro, que, por certo, vén de recibir o respaldo do CCII, o COEINF e o CPEIG como “iniciativa singular para mostrar el lado humano da profesión TIC”.
O programa estará dispoñible este mércores ás 17.00 horas en directo dende Youtube, LinkedIn e Twitter.
O presidente de Alastria Blockchain é o protagonista este mércores dunha nova sesión de SinFiltro
Compartir Este Artigo

