No marco do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay que comezou este mércores 6 de abril na vila bergantiñá (e que ficará activo ata o venres 8), realizarase este xoves unha actividade de gran alcalde mediático no Mercado Municipal: a emisión do programa Gen Playz, de RTVE, galardoado en 2021 como o mellor programa de entretemento nos Premios Ondas 2021 (e un dos espazos audiovisuais estrela da es la plataforma de contidos exclusivamente dixitais dos medios interactivos de RTVE). Será o seu primeiro directo dende Galicia e segundo apunta o Concello, virá acompañado dun importante despregue de medios no Mercado Municipal.
Xunto a Inés Hernand, que conducirá en directo este programa especial, estarán presentes tamén Refix, Marcelo Lusardi, Ortiga, Aida Tarrío, Esther Estévez, Laura (Le Petit Patito), Tamara Pazos (Putamen_t) e Malva. Ademais contarase coas actuacións de Tanxugueiras e Rastreadores. O programa realizarase o día 7, ás 20.00 horas, no Mercado Municipal. As prazas para asistir como público xa están completas, pero poderás seguilo en directo aquí.
“A presenza do equipo de RTVE en Carballo provocará unha gran despregadura de medios no Mercado Municipal e nas rúas da zona”, confirmou a Concellaría de Mobilidade, que anunciou que habilitará zonas de carga e descarga alternativas na contorna do edificio, xa que a rúa Cervantes e un treito da Gran Vía estarán ocupadas dende o martes pola tarde ata o venres pola mañá polo equipo da cadea estatal de televisión.
O programa Gen Playz emítese en directo este xoves dende o Carballo Interplay
Compartir Este Artigo

