A Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación TIC SmartPEME, oferta esta penúltima semana de abril cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, directamente encamiñadas a mellorar (con novas tecnoloxías) o día a das pequenas e medianas empresas e das persoas autónomas e profesionais do ámbito provincial. As accións tratarán temas como as ventas e posicionamento web, a creación de un blog turístico, os infoprodutos e a ciberseguiridade.
Este martes 19 será Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais quen imparta un obradoiro sobre CRO: Como mellorar as ventas da túa web, un taller para coñecer o CRO e analizalo para transformar as visitas da nosa web en clientes. Pola tarde María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas amosará como manexar cada unha das ferramentas de Search Console para optimizar unha páxina web no curso Mellora o teu posicionamento web con Google Search Console.
O mércores 20, SmartPEME ofrecerá dúas novas citas formativas: a primeira será Como crear o teu blog turístico da man de Patricia Cabaleiro, posgraduada en Turismo pola USC, na que ensinará como impulsar un negocio turístico gracias á creación dun blog dentro da web. O segundo, Infoprodutos II: Deseña un lead magnet para aumentar os teus subscritores”. Fátima Faílde, con posgrao en Comunicación e Industrias Creativas, complementará o curso da semana anterior explicando como aumentar os contactos dunha base de datos a través dos lead magnet.
Finalmente, o xoves 21 o Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, Manuel Freire, impartirá o obradoiro Ciberseguiridade, contramedidas básicas I un taller co que se pretende concienciar ós usuarios dos posibles riscos de Internet e amosar unha serie de medidas de protección para navegar pola Rede de forma máis segura.
A visualización en buscadores, a seguridade e os infoprodutos centran os novos obradoiros de SmartPEME
Compartir Este Artigo

