A Cámara de Comercio de Santiago vai organizar este venres 22 de abril unha xornada de interese para as persoas autónomas e as pemes que queiran dar novos e decisivos pasos no camiño da transformación tecnolóxica. A xornada Primeiros pasos para dixitalizar o meu negocio de forma sinxela desenvólvese de xeito presencial en horario de 10.00 a 11.00 horas.
Inclúe a presentación da Oficina Acelera Peme, co-impulsada pola entidade cameral compostelá e Red.es. Tamén inclúe contidos relacionados coas oficinas sen papel, con como asinar documentos sen necesidade de xerar papel e con total validez xurídica e cos aspectos legais da sinatura biométrica. As persoas encargadas de impartir os contidos serán:
-Diego Rocha (responsable de Comunicación da empresa tecnolóxica Unayta, con sede en Ames, e experto en redes sociais e en en contidos dixitais. Tamén conta cunha longa experiencia no mundo comercial/financeiro.
-Manuel Calvo. xefe de Vendas de Unayta, amais de experto en nova mercadotecnia, estratexia dixital e comunicación 2.0. Especialista no servizo de sinatura biométrica.
-José Nogueira. Socio director de Sistemius. Ten experiencia como delegado de Protección de Datos en diversas entidades, amais de relator habitual en xornadas sobre o dereito e as novas tecnoloxías.
As Oficinas Acelera Peme (OAP) inclúense no Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Entidade Pública Empresarial Red.es.
Unha xornada da Cámara de Santiago móstranos como iniciar a transformación do noso negocio
Compartir Este Artigo

