Estes días a Xunta anunciou o comezo da súa andaina #RetoEmprego20Días, proposta que xorde ao abeiro da experta galega en Recursos Humanos e influencer Eva Porto e que se levará a cabo entre o 1 e o 30 de maio. O dito proxecto nace coa vontade de contribuír á empregabilidade de galegas e galegos con retos diarios de 15 minutos durante un mes nos que se abordarán as ferramentas para mellorar as oportunidades laborais.
O programa desenvolverase en liña, e será de balde para todas as persoas interesadas, que poden inscribirse xa a través dun enderezo específico.
Os temas que se abranguerán neste reto son: como mellorar o currículum vitae, as entrevistas de traballo, o uso de redes como LinkedIn, portais de emprego, formación… O programa incluirá ademais servizo de orientación laboral para as persoas participantes e formará sobre chaves do éxito na busca de emprego, coma estratexias de autorregulación (control emocional, afrontamento activo) ou resistencia perante a adversidade.
O #RetoEmprego30Días promovido pola Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo conta cunha experiencia semellante que Eva Porto puxo en práctica o pasado xaneiro, con máis de 13.000 persoas inscritas.
En canto aos participantes, dicir que poden ser persoas de calquera idade que desexen atopar un posto de traballo ou mellorar a súa situación laboral.
Eva Porto ten experiencia como colaboradora coa Fundación Adecco, Crehana, Endesa ou a propia Xunta de Galicia, relatora en actos de TEDx, a Fundación Mobile World Capital Barcelona, Cruz Vermella ou a Universidade de Valencia; é unha activista que traballa en relación directa co público, e con gran impacto nas redes sociais, sendo a influencer de busca de emprego con maior número de seguidores na actualidade.
A influencer galega Eva Porto e a Xunta unen forzas no reto Emprego 30 días
Compartir Este Artigo

