Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Localmente Lucense celebra o Día do Emprendemento cunha manchea de actividades en aberto
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Localmente Lucense celebra o Día do Emprendemento cunha manchea de actividades en aberto

S. P.
Publicado: 27/04/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foto_de_arquivo.-_reunion_localmente_lucense_a_tineria.jpgLocalmente Lucense celebrará este venres, día 29 de abril, o Día Mundial do Emprendemento, unha efeméride que se conmemora internacionalmente neste mes para dar visibilidade e fomentar o espírito emprendedor e innovador. Será no CEI Nodus en horario de 11:00 a 19:00 horas. Será, segundo fixo saber a rexedora Lara Méndez, “unha xornada aberta á cidadanía”, na que haberá mesas redondas, música en directo, foodtrucks, un photocall interactivo e un certame de proxectos emprendedores.
O evento, organizado dende a área de Desenvolvemento Local e Emprego que dirixe a concelleira Ana Abelleira, enmárcase no Plan de fomento do Emprendemento e consolidación empresarial posto en marcha polo executivo de Lara Méndez. A programación, que se desenvolverá ao longo do día, contempla a primeira edición do concurso Elevator Pitch Localmente Lucense Desafío Emprende 2022.
Poderán participar tanto os proxectos de empresa, presentados por unha ou varias persoas físicas promotoras (non se admitirá máis dun proxecto de negocio por persoa ou grupo); como empresas en funcionamento produtoras de bens ou servizos. As inscricións para este certame estarán abertas ata as 13:00 horas do xoves, 28 de abril, a través do correo info@localmentelucense.gal.
O xurado seleccionará 9 proxectos que son os que pasarán á fase final e que se presentarán o día 29 de marzo de 16:00 a 17:30 horas durante o evento. Valorarase a innovación e o compromiso social e medio ambiental no desenvolvemento de ideas e proxectos, entre outros aspectos.
Ademais, establécense premios para aqueles proxectos que alcancen as 3 maiores puntuacións: 1º Premio de 1.250 €; 2º Premio de 750 €; e 3º Premio de 500 €. Este importe será o valor dun Pack Emprendedor que se poderá investir en comercio local ou en servizos de establecementos adheridos ao movemento Localmente Lucense.
Programa do Día do Emprendemento
-Venres, 29 de abril, de 11:00 a 19:00 horas no CEI Nodus (avda. da Coruña 500)
11:00 h. Benvida e explicación.
11:10h. Lectura de Manifesto.
11:30h. Mesas redondas (encontros de 30 minutos) das seguintes temáticas: Emprender no s. XXI, Emprendedoras Empoderadas, Innovación e Tendencias, O fracaso como parte do éxito e Superpoderes do emprendedor/a.
14:00h. Gastro-Paradas.
16:00h. Concurso Elevator Pitch LocaLmente Lucense, Desafío Emprende 2022. Competición de presentación de proxectos. (prazo límite de admisión de proxectos o 28/04/2022 ás 13:00 h).
17:30h. Música en directo sesión DJ Dr. Think, acompañado do saxofonista Mike Rolling.
17:30h. Photocall interactivo LocaLmente Lucense que une arte e tecnoloxías.
18:30h. Entrega de premios do certame.
18:50h. Despedida e clausura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?