Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aerocamaras celebra os seus 15 anos con relevantes logros en internacionalización, emprego e facturación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aerocamaras celebra os seus 15 anos con relevantes logros en internacionalización, emprego e facturación

S. P.
Publicado: 28/04/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inspecciones_aerocamaras_con_logos.jpgA empresa galega Aerocamaras, centrada no desenvolvemento de drons e na formación arredor destes aparellos, está estes días de celebración: a conmemoración dos seus 15 anos de andaina, un tempo que lle serviu para contar con máis de 30 centros de capacitación en toda España e para dar soporte en máis de 15 países do mundo.
A empresa foi posta en marcha en Lalín (Pontevedra) hai tres lustros polo galego Jaime Pereira, actual director executivo da mesma, quen sinala que o grupo foi quen “consolidarse neste período como empresa referente no sector, ofrecendo unha cobertura integral 360º que abrangue todos os ámbitos da industria dos drons: formación, servizos especializados, xestión aeronáutica, desenvolvemento de vehículos aéreos non tripulados e venda de equipos, con presenza consolidada en España, Europa e Latinoamérica”.
Pereira engade que “estamos encantados de cumprir 15 anos. É un síntoma moi saudable, mestura de xuventude e de experiencia xerada grazas a cada paso realizado. E o máis importante é celebralos sendo líderes no sector das aeronaves non tripuladas. Grazas á confianza dos nosos clientes, aos nosos colaboradores e alumnos, e por suposto ao noso equipo, chegamos ata aquí, e grazas a todos eles agardamos seguir nesta aventura”.
topografia_aerocamaras.jpg Até a data, a compañía formou a máis de 30.000 alumnos, entre eles membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (FFCCSE) especializándoos no manexo de drons en situacións de emerxencia e labores de rescate, tales como accidentes de mercadorías perigosas, control de situacións de emerxencia ou seguridade cidadá, procura de vítimas, prevención de incendios ou control de aforamento en espazos públicos.
De xeito paralelo, parte do seu equipo de pilotos despregouse en varios países do mundo dando servizos especializados en diferentes áreas, como en Italia e México realizando inspeccións técnicas eólicas e fotovoltaicas, ou en Ángola participando no levantamento dunha mina colaborando con servizos topográficos.
Segundo indica Pereira, un dos grandes fitos da empresa foi o crecemento do persoal, que se viu incrementado desde 2019 coa creación de case 50 novos postos de traballo.
Amais, acadou un volume de negocio de preto de 7 millóns de euros en 2021 e unha previsión para o 2022 de arredor dos 10 millóns de euros.
O futuro de Aerocamaras pasa por seguir ampliando a súa presenza en Latinoamérica, onde xa despregou actividade en Colombia, Brasil, México, Panamá, e Porto Rico. E tamén seguir co seu espallamento internacional aterrando con estrutura completa no continente africano e asiático, onde xa cooperan con outras compañías facendo servizos de inspección.
Para celebrar os seus 15 anos, Aerocamaras lanzará “unha promoción sorpresa ao mes durante todo o ano 2022”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?