Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes da USC e a UVigo clasifícanse para a gran final nacional da liga Amazon University Esports
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes da USC e a UVigo clasifícanse para a gran final nacional da liga Amazon University Esports

S. P.
Publicado: 29/04/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ganadores_segundo_split_-_aue.jpgO agardado remate da Amazon University Esports, a liga universitaria de xogos deportivos en liña, terá presenza galega, e ademaisa por partida dupla. Segundo informou a organización, os días pasados concluíu o segundo split da tempada 2021/22 e os gañadores, que se xa se coñecen, loitarán por ser os vencedores da competición na Gran Final Nacional, que se anunciará en datas vindeiras Para facerse co título de campión, enfrontaranse aos mellores equipos do primeiro split, clasificados desde o pasado mes de decembro para a última fase do torneo.
Como dixemos, a pasada fin de semana (23 e 24 de abril) celebráronse as finais do segundo split da liga Amazon University Esports, da que saíron os gañadores de entre máis de 70 universidades participantes. Os xogadores disputáronse un posto para a gran final para sete xogos: League of Legends, Valorant, Teamfight Tactics, Legends of Runeterra, Clash Royale, Brawl Stars e Rocket League.
En League of Legends, os Eagles (Universitat de Xirona), os Skulls (Universidade Complutense de Madrid), os Hurricanes (Universidade de Almería) e os Druides (Universidade de Santiago de Compostela) son os equipos clasificados para loitar pola gloria na Greta do Invocador. A devanditos combinados sumarase unha escuadra máis procedente da liga Æther, que se decidirá o vindeiro domingo 1 de maio. Poderase seguir o duelo a través da canle de Twitch da competición.
Doutra banda, os Stingrays (Universitat Politècnica de València), os Polymaths (Universidade de Nebrija), os Falcons (Universidade de Granada) e os Thunders (Universidade de Vigo) porán a proba as súas habilidades en Valorant.
Nos xogos individuais de Riot Games, os Stingrays (Universitat Politècnica de València), os Buffaloes (Universitat Jaume I), os Skulls (Universidade Complutense de Madrid), os Angels (Universidade de Sevilla), os Archangels (Universidade Católica de Murcia) e os Ravens (Euskal Herriko Unibertsitatea) foron os equipos clasificados para Teamfight Tactics.
Pola súa banda, os Owls (Universitat Politècnica de Catalunya), os Lynxes (Universidade de Zaragoza), os Cavaliers (Universidade de Cádiz) e os Waves (Universidade Europea do Atlántico) veranse as caras en Legends of Runeterra.
Nos títulos de Supercell, os Dolphins (Universitat de València), os Lynxes (Universidade de Zaragoza), os Sharks (Universidade de Murcia) e os Spartans (Universidade de Valladolid) buscarán a vitoria en Clash Royale.
Así mesmo, os Magicians (ESIC Universidade), os Hornets (Universidade Politécnica de Madrid), os Pirates (Universidade de Alacante) e os Towers (Universidade Pontificia de Salamanca) farán o propio en Brawl Stars.
Por último, os Eagles (Universitat de Xirona), os Sages (Universidade CEU Cardeal Herrera), os Angels (Universidade de Sevilla) e os Ravens (Euskal Herriko Unibertsitatea) demostrarán a súa valía co balón e os coches en Rocket League.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?