Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Altia e Netex crearán contidos dixitais innovadores para o sistema educativo canario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Altia e Netex crearán contidos dixitais innovadores para o sistema educativo canario

S. P.
Publicado: 29/04/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

canarias_altia.jpgO Goberno de Canarias adxudicou ás empresas galegas Altia e Netex un contrato de máis de 700.000 euros para a produción de materiais didácticos para profesorado e alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria da Comunidade. O acordo, enmarcado no proceso de transformación tecnolóxica e dixitalización emprendido polo Executivo das illas, ten validez ata o 2023 e está co-financiado ao 85% con fondos FEDER, dentro do Proxecto UCTICEE da Consellería de Educación de Canarias. Contempla o desenvolvemento de novas aplicacións e ferramentas educativas, así como a posta en marcha de melloras nas existentes.
A Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Altia e Netex, as dúas con sede en Oleiros (A Coruña) ten como obxecto “o fornecemento de servizos relacionados coa produción de materiais didácticos, entre eles a implantación de ferramentas de aprendizaxe e de traballo que integren a todos os axentes da comunidade educativa, o desenvolvemento dunha plataforma de xestión de recursos educativos, a creación dun kit persoal de aprendizaxe e asegurar a autoría das producións dixitais elaboradas polo alumnado e o profesorado”.
En concreto, perséguese a dixitalización da contorna educativa da comunidade canaria mediante a creación de contidos dixitais nunha Contorna Virtual de Aprendizaxe (EVA) para o profesorado e o alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria. “Desta maneira”, informaron Altia e Netex, “dotarase á comunidade educativa de ferramentas e recursos dixitais que potencien a innovación nos centros e que favorezan a simplificación do traballo docente”. As empresas engaden que a dispoñibilidade de contidos dixitais educativos “facilitará o tránsito do analóxico ao dixital e o tránsito dunha educación lineal definida polo libro de texto e baseada principalmente na memorización de contidos para a súa posterior reprodución, a outros modelos de ensino máis innovadores e acordes aos novos tempos, marcados polo uso da tecnoloxía e a creación de novos contidos dixitais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?