Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 105 rapaces de toda Galicia participan nun hackathon contra os discursos de odio nas redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 105 rapaces de toda Galicia participan nun hackathon contra os discursos de odio nas redes

S. P.
Publicado: 02/05/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

epdlab_hackathon.jpgUn cento de rapaces e rapazas de toda Galicia participan este xoves día 5 nun hackathon para combater o discurso de odio nos medios e nas redes sociais. Será no Auditorio de Bandeira (Silleda), en horario de 10.30 a 16.30 horas. O encontro abéirase ao proxecto de innovación educativa EpDLab, que desenvolve dende hai 7 anos a ONGD Agareso co financiamento de Cooperación Galega e no que este curso participa alumnado de Secundaria de Boiro, de Brión, de Bueu, de Silleda e de Viana do Bolo.
Dende a dita ONG explican que “un hackathon é un evento no que nun breve espazo de tempo un grupo de persoas de forma colaborativa intentan crear prototipos ou solucións para unha problemática”. O termo, engaden, provén da mestura das palabras “hacker” e “maratón” e vencéllase decote ao eido da informática, “aínda que dende hai un tempo o uso da palabra expandiuse a outros eidos”.
Novamente con formato presencial
Despois de dous anos, esta actividade será de novo presencial e reunirá o profesorado e o alumnado participante nunha xornada que se celebrou en liña nos cursos anteriores, por mor das restricións sanitarias pola COVID-19. Así, un cento de rapaces de distintas idades e procedencias traballarán, de forma colectiva, este xoves 5, no deseño e elaboración dunha “caixa de ferramentas” de comunicación dixital para denunciar situacións discriminatorias e propor accións concretas para “conseguir un entorno dixital máis diverso, igualitario e inclusivo”, coa intención de demostrar “que traballando xuntas e xuntos podemos facer cousas para cambiar a nosa realidade máis próxima e que a comunicación ten un gran potencial transformador”.
A metodoloxía
Trátase dunha xornada intensiva de “traballo creativo conxunto” na que participa todo o alumnado vinculado este curso ao EpdLab, un proxecto de innovación educativa que ven desenvolvendo a Asociación Galega de Comunicación Social (Agareso) dende 2015 en centros de toda Galicia e que traballa temáticas como o sexismo, as migracións, o medio ambiente, o consumo responsable, a veracidade das mensaxes e as fake news, a cooperación internacional, o voluntariado e o activismo a través de ferramentas da comunicación dixital como os memes, os GIF, a técnica do stop motion, os micro-vídeos dende o móbil ou a contrapublicidade.
EpDLab é un proxecto educativo que xorde a partir da reflexión colectiva de varios grupos da ESO en Galicia, máis outros grupos en El Salvador e República Dominicana. O alumnado traballa con ferramentas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para “crear e difundir na Rede contidos ao redor da igualdade de dereitos, da participación responsable e da xustiza social, apropiándose dos medios que teñen nas súas mans para participar en accións innovadoras cara á comunicación inclusiva, o desenvolvemento social e á denuncia da desigualdade”, sinalan dende a dita organización humanitaria, engadindo que o EpDLab está deseñado e desenvolvido polo equipo técnico de Agareso e financiado por Cooperación Galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?