Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME comeza maio con cinco novos obradoiros TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME comeza maio con cinco novos obradoiros TIC

S. P.
Publicado: 03/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme-21aa2a-05113-2.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa de formación tecnolóxica SmartPEME, oferta esta primeira semana de maio cinco novas accións formativas impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros para pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e traballadoras en xeral. As accións tratarán temas como a introdución á fabricación dixital e o debuxo 3D, cultura sustentable e responsabilidade social, representación de información a través de infografías e fundamentos básicos do packaging.
O martes 3 e o xoves 5 de maio pola mañá, Manuel Freire, experto universitario en robótica, programación e impresión impartirá dous obradoiros sobre fabricación dixital. Nestes cursos en formato mixto, combinaranse clases en liña e prácticas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro, co obxectivo de que o alumno teña contacto real con este tipo de tecnoloxías e sexa capaz de deseñar e fabricar unha peza en 3D. O primeiro, será de Fabricación Dixital. Introdución á fabricación dixital, unha actividade práctica para coñecermos e familiarizarnos coas ferramentas implicadas nun proceso de produción dixital. O segundo, Fabricación dixital. Debuxo 3D con Onshape I – Partstudio I, centrarase na utilización deste software de debuxo 3D. Na quenda de tarde, Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas explicará os 17 ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable), unha chamada á acción de persoas, institucións e PEMES e a súa responsabilidade cara un desenvolvemento en favor da sociedade, o planeta e a prosperidade, no curso Impulsa a cultura sostible e a responsabilidade social no teu negocio II.
O mércores SmartPEME ofrecerá un novo obradoiro: Infografías: representa a información de maneira visual con Lara Taboada, titulada en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, no que amosará como se representan a información e os datos de forma visual mediante infografías.
O xoves pola tarde, Fátima Faílde voltará para ensinar os fundamentos básicos do packaging como un elemento primordial na estratexia da venta en liña e os primeiros pasos para preparar un pedido, no curso Packaging, todo o que necesitas saber para o teu e-commerce.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?