Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Probotec pon a robótica ao servizo das pemes alimentarias e da automoción
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Probotec pon a robótica ao servizo das pemes alimentarias e da automoción

S. P.
Publicado: 04/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Sonia Peteado, nova directora de I+D de Probotec, e Hugo Barreiro, de ANFACO
Sonia Peteado, nova directora de I+D de Probotec, e Hugo Barreiro, de ANFACO
Entre as firmas que están a ser apoiadas en materia de proxectos innovadores pola axencia GAIN e InnovaPEME (complementado con DeseñaPEME, os dous programas nas súas novas convocatorias achegando un orzamento de 2,8 millóns) atópase a empresa viguesa Probotec, firma de automatización e fabricación industrial que constitúe un caso de éxito salientable ao abeiro do devandito programa autonómico, na súa edición de 2021.
Probotec é unha empresa especializada en automatización industrial. Comezou a súa andaina a inicios do ano 2000, ofrecendo solucións de programación robótica e hoxe en día xa subministra un servizo integral de automatización “chave en man” para sectores como a automoción ou o sector alimentario, entre outros. No pasado ano 2021 decidiron formalizar un plan de innovación, creando un departamento destinado a este obxectivo. O plan buscan incrementar a súa competitividade especialmente no sector alimentario e desenvolver novos produtos e servizos innovadores. En concreto o equipo de Probotec está a traballar na creación dunha célula robotizada facilmente transportable, versátil e modular, ao servizo das industrias e dos seus procesos de transformación, automatización, intelixencia e eficiencia. Ademais desta célula robotizada están a desenvolver da man doutra empresa tecnolóxica, Xoia, unha aplicación de Realidade Aumentada que lles permitirá ensinar aos seus clientes, mediante tecnoloxía de última xeración, como quedaría a dita célula en condicións reais antes da súa instalación sobre o terreo.
probotec.jpgPara levar a cabo este plan, Probotec tamén conta co apoio da confederación de empresas do mar e conserveiras ANFACO-CECOPESCA, que desde o seu centro tecnolóxico impulsa máis de 70 proxectos de I+D+i anuais.
Volvendo ás axudas de InnovaPEME, sinalar que son axudas ás pequenas e medianas empresas destinadas ao financiamento do custo das actividades integradas en plans de innovación, que lles permitan sistematizar os procesos de innovación e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia. Son apoios cunha subvención a fondo perdido dunha intensidade do 50% para todos os custos de implementación do plan de innovación da empresa, incluídos custos de persoal propio. Desde a súa posta en marcha no ano 2017 InnovaPEME beneficiou a 160 empresas, 36 na última convocatoria, abranguendo 14 sectores e creando/mantendo máis de 760 empregos. Esta axuda caracterízase por subvencionar ata o 50% do orzamento total.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?