Prosegue o ciclo de conferencias tecnolóxicas informais de SinFiltro, impulsadas polo divulgador galego Marcelo Castelo. Sen ir máis lonxe, este mércores 4 de maio ás 17.00 horas contarase coa presenza de Ángeles Nogueras, directora de IT de Azucarera, e máis do anterior convidado destes relatorios distentidos, Francesc Muñoz, presidente da Alastria Blockchain. Na sesión, Ángeles enfrontarase a un faladoiro divertido co experto en comunicación Marcelo Castelo no que falarán “de todo menos de tecnoloxía, incluíndo temas como sexo, política ou relixión”. O obxectivo, unha vez máis, “é reverter o falso tópico do tecnólogo frío e sen simpatía”.
O proxecto SinFiltro xa recibiu o respaldo do CCII, COEINF, CPEIG e COEIIB como “iniciativa singular para mostrar o lado humano do tecnólogo”. Precisamente do apoio outorgado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia que preside Fernando Suárez falamos en datas recentes dende Código Cero.
O programa estará dispoñible este mércores ás 17:00h en directo por Youtube, LinkedIn e Facebook. Na xornada previa, a de onte, xa foran contabilizadas máis de 1.000 persoas inscritas.
SinFiltro tráenos este mércores 4 á directora de IT de Azucarera e ao presidente de Alastria
Compartir Este Artigo

