Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A mostra Mulleres na Ciencia prosegue o seu periplo anual por 17 centros educativos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A mostra Mulleres na Ciencia prosegue o seu periplo anual por 17 centros educativos galegos

S. P.
Publicado: 04/05/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mulleresciencai4.jpgBaixo a premisa de reivindicar as relevantes contribucións pasadas, presentes e futuras das mulleres no progreso científico e tecnolóxico, tres escolas da UVigo puxeron en marcha a principios de curso unha exposición itinerante que segue estes días o seu periplo por centros educativos galegos: un total de 17 neste ano académico. Trátase da mostra Mulleres na Ciencia, impulsada polo colectivo eXXperimenta en Feminino, composto por profesoras e investigadoras da Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Facultade de Ciencias do Campus de Ourense. No seu itinerario, poderá verse ata o 18 de maio na entreplanta do Edificio Politécnico.
mulleresciencia8.jpgTrátase dunha iniciativa que conta co patrocino da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e que ten como obxectivo último “espertar en rapazas e rapaces a vocación científica suplindo a carencia de referentes femininos no campo STEM”.
A iniciativa arrancou hai dous cursos académicos, aínda que a pandemia impediu o seu desenvolvemento con normalidade ata o pasado ano. Tras a súa parada no Campus de Ourense, a exposición irá ao Colexio Los Sauces, de Vigo, e continuará o seu percorrido ata a primeira quincena de xuño, visitando en total este curso académico 17 centros educativos galegos.
mulleresciencia55.jpg A exposición, sinalan as súas promotoras, está sendo moi ben acollida polos centros, “que nos destacan nas súas valoracións que é moi interesante e que lles permite achegarse a científicas que non coñecían”.
A mostra está formada por 14 pósters de gran tamaño sobre mulleres cun destacado papel no eido STEM escollidas cada unha delas por un grupo de investigación que forma parte de eXXperimenta en Feminino. De cada protagonista, a exposición recolle información da súa traxectoria, de cales foron as súas achegas e dos premios ou recoñecementos que recibiu tanto en vida como posteriormente.
uvigo_mulleres_na_ciencia_esei_ourense.jpgA través dos paneis expostos, o público pode coñecer desde a primeira muller galega (e española) en presentar unha tese no eido da astronomía ata a investigadora que deu o seu nome á linguaxe de programación ADA. Concretamente, a exposición ofrece información da física Mileva Maric; da física e pioneira na apicultura Eva Crane; da programadora Ada Lovelace; da astrónoma Antonia Ferrín; da bioquímica Margarita Salas; da química e nutricionista Elsie Widdowson; da enxeñeira química Frances Arnold; da enfermeira Isabel Zendal; da microbióloga Esther Lederberg; da psicóloga e bióloga Linda B. Buck; da química industrial e farmacéutica María José Núñez; da farmacéutica e química Tarsy Carballas; da tecnóloga dos alimentos Concepción Llaguno e da química e farmacéutica Teresa Toral.
Como alternativa para as persoas que desexan ver os materiais pero non poden facelo de xeito presencial, o colectivo organizador tamén ten realizado unha versión virtual da exposición. Trátase de 14 vídeos curtos nos que investigadoras e profesoras de catro centros do Campus de Ourense explican de xeito divulgativo a traxectoria e relevancia das 14 mulleres referentes no campo da ciencia, a tecnoloxía e as enxeñarías que forman parte da exposición eXXperimenta en Feminino. Igualmente, na páxina web do proxecto pódense ver os paneis que conforman a mostra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?