Este mércores 4 de maio presentouse en Lugo a Aula Edyta, iniciativa de formación, dixitalización e empregabilidade posta en marcha polas Fundacións Orange e Secretariado Xitano. Trátase, máis en concreto, dun proxecto pedagóxico de ámbito nacional (o Proxecto Edyta de Orange) que pon o foco na educación e a transformación dixitais, destinado tanto a entidades do terceiro sector como a administracións públicas, que traballen con colectivos femininos en situación de vulnerabilidade, risco de exclusión e baixa empregabilidade.
Na presentación participaron a alcaldesa Lara Méndez, a tenenta de alcaldesa de Cohesión Social, Ana González Abelleira e a concelleira de Benestar, Olga López Racamonde, que salientaron o potencial da iniciativa, destacando que o desenvolvemento de competencias dixitais resulta unha ferramenta clave no presente e futuro laboral.
“A colaboración dos sectores público e privado e a tecnoloxía como elemento de inclusión social son sempre unha gran sinerxía, por iso desde o Concello entendemos Edyta como sinónimo de oportunidade e queremos darvos as grazas por poñela en marcha, hoxe por primeira vez, no noso municipio”, afirmou Méndez.
A rexedora fixo fincapé na vertente social de Edyta “xa que, nada mellor que propiciar esa integración outorgándolles ás súas usuarias competencias que serán para elas a chave de acceso a un posto de traballo que mellorará a súa calidade de vida e tamén a das súas familias”, concluíu.
A Fundación Orange e o Secretariado Xitano achegan formación tecnolóxica para mulleres en Lugo
Compartir Este Artigo

