O vindeiro 10 de maio a Oficina Acelera PEME do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) vai organizar un obradoiro práctico e presencial sobre Realidade Aumentada e Realidade Virtual, unha actividade inclúe demostracións prácticas (porase aos asistentes na pel dunha operaria de fábrica que emprega o material técnica dunha máquina en RA e dunha estudante que hostalería que utiliza lentes de RV para facer as súas prácticas cun forno profesional). Intervirá Xoel Vázquez Dios, director executivo (CEO) da empresa galega Xoia Extending Reality. A cita será entre as 10.00 e as 11.00 na sede do ITG na Coruña.
Segundo informa o instituto acerca do miolo temático do obradoiro, as tecnoloxías inmersivas (XR) de Realidade Aumentada (RA) e Realidade Virtual (RV) están a ser utilizadas cada vez máis no eido da industria, e “despois de varios anos onde a industria estivo avaliando as capacidades desta tecnoloxía, comprobáronse os seus efectos positivos na xestión e mantemento remoto das máquinas ou na formación dos técnicos, así como ferramenta comercial, entre outro caso de uso”. A actividade deste 10 de maio vai dirixida a clarificar conceptos sobre “como tirar o máximo partido destas tecnoloxías”.
Ao final da charla os asistentes poderán probar os visores de Xoia e experimentar de primeira man como esta tecnoloxía permite optimizar procesos, mellorar a formación e a transferencia do coñecemento, así como potenciar as ferramentas de venda de produtos empresariais.
Axenda
h10:00 Introdución
h10:05 Relatorio
Que é a tecnoloxía XR e como funciona
Casos de uso aplicados á industria
Ferramenta comercial e de deseño.
Adestramento e formación.
Manuais técnicos en Realidade Aumentada: Optimización de procesos e transferencia do coñecemento.
Ferramentas actuais.
h10:50 Dúbidas e preguntas
h11:00 Experiencia Virtual:
Relator:
Xoel Vázquez Deus, CEO de Xoia Extending Reality.
O ITG organiza un obradoiro práctico sobre as posibilidades na empresa das tecnoloxías inmersivas
Compartir Este Artigo

