Este xoves 5 de maio AGEINCO (Asociación Clúster de Empresas de Enxeñaría, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos de Galicia) organizou un almorzo tecnolóxico para analizar iniciativas de impulso á innovación, a transformación e a competitividade nas empresas galegas. No almorzo participou a directora da axencia autonómica GAIN, que debullo os moitos beneficios de manter permanentemente activas as tres siglas do trinomio I+D+i e informou ao dito colectivo sobre as liñas de impulso á innovación empresarial autonóimicas abertas actualmente, como InnovaPeme e DeseñaPeme; de retención e captación de profesionais, como Talento Sénior; e outras que se convocarán en datas vindeiras, como os Bonos de Innovación.
Argerey salientou a necesidade de colaboración entre empresas e con centros de coñecemento para “salvar os obstáculos aos que se enfrontan as pequenas empresas á hora de innovar”. Segundo dixo, Galicia destaca pola súa capacidade de cooperación entre axentes do ecosistema galego de innovación. De feito, concretou, “en 2020 a nosa foi a segunda Comunidade Autónoma con máis cooperación entre empresas para desenvolver proxectos de innovación”.
A directora de GAIN presentou ás empresas asistentes o mapa de apoios da Xunta de Galicia á innovación. En especial, Argerey centrouse nas liñas de apoio abertas actualmente, como Innova Peme e Deseña Peme, destinadas respectivamente a incrementar a capacidade innovadora das pemes e microempresas galegas a través de actividades integradas en plans de innovación e apoiar a incorporación do deseño como elemento estratéxico nas organizacións como unha ferramenta imprescindible para a innovación. Así mesmo, lembrou que está aberta a liña de axudas Talento Sénior, destinada a “apoiar tanto a atracción como o retorno profesional de profesionais altamente cualificados para desenvolver actividades de I+D+i en empresas e centros de coñecemento galegos”. Por outra banda, anunciou a convocatoria de novas liñas como os Bonos de Innovación, que, segundo anunciou, “apoiarán a contratación de servizos externos que faciliten as actividades de innovación, a captación de fondos en convocatorias de concorrencia competitiva e o aproveitamento dos beneficios fiscais á I+D+i”. Por último, adiantou algún detalle da nova liña de axudas á creación e integración de novos centros de investigación empresarial no ecosistema de innovación de Galicia.
Patricia Argerey debulla as axudas de GAIN ante as empresas de enxeñaría e tecnoloxía
Compartir Este Artigo

