Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC celebra unha xornada para que os investigadores coñezan as bondades dos Europe Next Generation
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC celebra unha xornada para que os investigadores coñezan as bondades dos Europe Next Generation

S. P.
Publicado: 09/05/2022
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

xornada_next_generation_ragc.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou este 9 de maio unha xornada semipresencial sobre As oportunidades para a investigación no programa Europe Next Generation. Foi unha sesión presencial no salón de actos do CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) da Universidade de Santiago. A xeira, que se puido seguir a través da plataforma Zoom, serviu para debullar a longa listaxe de oportunidades que abre o dito programa europeo ás universidades galegas, por exemplo a través dos PERTE do vehículo eléctrico e conectado, das enerxías renovables, da industria naval, dos semicondutores e da saúde de vangarda.
Neste encontro participaron o subdirector de Proxectos Tractores do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Santiago Álvarez; a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey; e a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Belén Rubio. A continuación celebrouse un debate co público asistente, moderado polo presidente da Academia, Juan Lema.
O presidente da RAGC, Juan Lema, lembrou que “o Europe Next Generation é un programa para a recuperación económica da Unión Europea, dotado con case 800.000 millóns de euros, que pretende reparar os danos económicos e sociais por mor da pandemia da COVID-19”. Porén, dixo, “ao mesmo tempo pretende unha modernización do seu sistema produtivo, baseado en novos principios como son a dixitalización, a resiliencia e a ecoloxía”. Nesta liña, o obxectivo desta xornada foi “dar a coñecer á comunidade científica as oportunidades de financiamento e, en particular, os mecanismos de como se pode participar e mesmo promover proxectos de investigación e innovación”.
xornada_next_generation_ragc2.jpg Pola súa banda, a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou “a grande oportunidade que supoñen os fondos Next Generation para contribuír á transformación económica e social de Galicia cara a unha Galicia máis ecolóxica, dixital e resiliente”. Neste sentido, apuntou que os centros de coñecemento xogan un papel fundamental: por un lado, pola súa capacidade para captar fondos das convocatorias estatais e, por outro, colaborando co tecido produtivo para mobilizar estes fondos. Argerey lembrou que moitas convocatorias apoian especificamente a I+D+i (directamente ou a través da contratación de servizos externos) e “que desde a Xunta de Galicia puxéronse en marcha varias canles para informar destas convocatorias”. Por último, indicou “que Galicia é unha das comunidades autónomas que ten unha participación máis alta nos Plans Complementarios, programas conxuntos de I+D que permiten aliñar os esforzos da Administración central, das comunidades autónomas e dos fondos europeos en áreas de interese común”.
Galicia participa en catro das oito áreas estratéxicas (biotecnoloxía aplicada á saúde, ciencias mariñas, comunicación cuántica e biodiversidade) achegando capacidades e infraestruturas singulares a fin de impulsar a produtividade do tecido produtivo galego a través da investigación.
Pola súa parte, os subdirector de Proxectos Tractores do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Santiago Álvarez, presentou os diferentes instrumentos e convocatorias abertos ao persoal investigador no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, que supoñen “unha oportunidade para impulsar proxectos que aceleren a transición verde e dixital e que exerzan, ao mesmo tempo, un efecto tractor sobre o tecido industrial galego”. Neste contexto, dixo, a Xunta vén traballando na creación de contornas colaborativas que incentiven a participación de entidades galegas a través de varias iniciativas. Entre elas, destaca a creación de oficinas técnicas en colaboración con diferentes clústeres. Estas oficinas responden ao obxectivo de informar e asesorar ás entidades galegas na preparación e presentación candidaturas aos PERTE, nos que os centros de coñecemento xogan un papel fundamental, e outras convocatorias relevantes: Oficina de proxectos da Fundación Agrupación industrial de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), orientada ao PERTE do vehículo eléctrico e conectado; Oficina Técnica de Apoio ao Programa Next Generation Galicia Food, en colaboración coa Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (CLUSAGA) para o impulso de proxectos relativos ao PERTE agroalimentario; e Oficina técnica NextGenhealth, constuída en colaboración co Clúster Saúde de Galicia (CSG) e orientada ao PERTE para a saúde de vangarda.
Pola súa banda, a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Belén Rubio, detallou os instrumentos de canalización dos fondos Next Generation, en particular as vías de financiamento que abren importantes oportunidades para as universidades e as súas entidades colaboradoras para a investigación e transferencia de coñecemento. Nesta liña, salientou que “o elemento máis relevante para canalizar os fondos Next Generation son os PERTE (Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e a Transformación Económica), instrumentos integrais e ambiciosos para afrontar a transición da economía española que pon o foco en distintos sectores clave e esixen a colaboración entre administracións, empresas e institucións de investigación”. Rubio indicou que “os PERTE están orientados a influír en toda a cadea de valor, involucrando a entidades de diferentes tamaños e capacidades, e a impulsar a I+D+i, onde a experiencia das universidades resulta determinante”. Dos once anunciados, a vicerreitora manifestou que, no caso das universidades galegas, polas súas liñas de especialización, destaca o potencial que se abre para a Universidade de Vigo nos PERTE de vehículo eléctrico e conectado, de enerxías renovables, de industria naval e de semicondutores. A Universidade de Coruña e de Santiago de Compostela teñen un papel máis relevante no PERTE de Saúde de Vangarda, e a da Coruña tamén no de Industria Naval.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?