Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña traballa en fórmulas de inclusión dixital para as persoas maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña traballa en fórmulas de inclusión dixital para as persoas maiores

S. P.
Publicado: 10/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ana_lamas_cigarreras_tabaqueros.jpgA deputada provincial Ana Lamas debullou este martes 10 de maio as fórmulas nas que traballa a Deputación da Coruña para rematar cos muros de exclusión dixital que afectan ás persoas maiores e facer a administración máis accesible para as persoas maiores. Fíxoo co gallo dunha reunión coa plataforma de pensionistas de Cigarreras e Tabaqueros, que demanda medidas para que as entidades bancarias melloren a atención aos maiores.
Ana Lamas dixo que amais dalgunhas medidas que “xa están en funcionamento”, como “o acordo con Correos para facilitar o pagamento de tributos en calquera municipio da provincia a través da súa rede de oficinas ou dos carteiros”, o Goberno provincial traballa nunha serie de iniciativas e de estratexias “que faciliten que a cidadanía poda realizar os seus trámites administrativos coa Administración Electrónica de forma sinxela”, mediante a creación de puntos de inclusión dixital nos que se axude ás persoas a realizar trámites online ou reforzando a atención presencial á cidadanía.
O colectivo considera que o peche continuo de oficinas bancarias, a falta de atención personalizada, a redución de horarios de atención ao público e a posta en marcha de “servizos exclusivamente electrónicos” dificultan cada vez máis o acceso das persoas maiores aos bancos, “unha situación que se agrava aínda máis mo ámbito rural”, sinalaron na reunión, reclamando un decálogo de medidas a pór en marcha para loitar contra esta exclusión. Por exemplo garantir a atención personalizada e a posibilidade de obter cartos en efectivo, que se eliminen os importes mínimos e as comisións para retirada de cartos no portelo, a gratuidade das contas bancarias dos pensionistas, axudas persoais aos clientes maiores para o manexo da tecnoloxía e que os caixeiros estean localizados en zonas interiores das oficinas bancarias por seguridade.
Ana Lamas comprometeuse a trasladar as súas propostas aos diferentes grupos políticos da Deputación e levalas ao pleno provincial en forma dunha moción ou declaración institucional para mostrar o apoio da institución “a unhas demandas que teñen todo o sentido do mundo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?