Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ames organiza no verán sete obradoiros presenciais e telemáticos para todos os públicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ames organiza no verán sete obradoiros presenciais e telemáticos para todos os públicos

S. P.
Publicado: 11/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cartel_cemit_veran_ames_curto.jpgA Aula CeMIT do Concello de Ames continúa a súa actividade formativa neste 2022, un ano no que se retomou a presencialidade e foi obxecto de reformas para mellorar o espazo, situado no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns. Durante os meses de maio, xuño e xullo, continuará acompañando a súa oferta de obradoiros co acceso á aula aberta, de luns a venres de 9:30 a 13:00 horas. Ademais, manterase a atención telefónica e por teléfono de luns a venres, das 16:00 ás 18:30 horas. Para contactar coa Aula CeMIT, cómpre chamar ao 682 373 753, ou ben escribir ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal.
Nos meses de verán, dende o 9 de xuño ata o 28 de xullo, a aula desenvolverá 4 cursos presenciais pensados para que a rapazada e o público adulto poida mellorar e traballar nas súas competencias dixitais. Todos os xoves dende o 9 de xuño ata o 28 de xullo, de 10:30 a 12:00 horas, celebrarase un curso de mecanografía para adultos e adultas, no que poderán inscribirse persoas de todos os niveis. O taller conta con 9 prazas, para as que haberá que inscribirse premendo nesta ligazón.
Do 27 de xuño ao 18 de xullo, todos os luns de 10 a 11h, será a quenda de aprender mecanografía para a rapazada amesá. Para poder participar, as persoas menores de idade deberán estar rexistradas na rede CeMIT.
Para completar a formación para nenos e nenas, do 28 de xuño ao 26 de xullo haberá un obradoiro de informática lúdica, pensado para crianzas dos 5 aos 10 anos. Todos os martes, de 10:30 a 12:00 horas, as nenas e nenos aprenderán a través de xogos a manexar o ordenador, o rato e o teclado. Por último, todos os mércores do 29 de xuño ao 27 de xullo, tamén de 10:30 a 12:00 horas, a rapazada de 8 a 12 anos gozará dun curso de Scratch, no que poderán mergullarse nas bases desta ferramenta de programación creando xogos e colaborando entre eles e elas.
No que respecta ás propostas a distancia, a aula ofrecerá tres obradoiros, sempre con sesións de 16:30 a 17:30 horas e dirixidos ao público adulto. En primeiro lugar, de 16 de maio ao 1 de xuño impartirase un obradoiro de GIMP, o software de edición de arquivos de imaxe, que se desenvolverá de luns a mércores. Xa en xuño, será primeiro a quenda dun taller de Inkscape, unha ferramenta de edición de gráficos vectoriais, que terá lugar do 6 ao 16 de xuño, de luns a xoves. Para rematar a oferta de actividades, do 20 ao 30 de xuño explicarase como empregar diferentes recursos para realizar buscas avanzadas en Internet, tamén de luns a xoves.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?