Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CEIP Virxe da Cela e o CEIP Javier Sensat impuxéronse no SuperReto DigiCraft en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CEIP Virxe da Cela e o CEIP Javier Sensat impuxéronse no SuperReto DigiCraft en Galicia

S. P.
Publicado: 11/05/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

superretodigicraft-2022.jpgA Fundación Vodafone España participou no Congreso DixInnova 2022, evento de innovación educativa e dixital celebrado os días 10 e 11 de maio na Cidade da Cultura de Santiago. A Fundación Vodafone tivo unha ampla presenza grazas ao seu programa DigiCraft, iniciativa pioneira que dota de competencias dixitais aos estudantes de Primaria. Na cita a empresa ofreceu obradoiros sobre o programa aos 1.400 membros da comunidade educativa que pasaron polo encontro e participou na clausura do ano escolar do programa, ao que asistiron máis de 700 alumnos. Tamén se deron a coñecer os gañadores da II Edición do SuperReto DigiCraft en Galicia.
Os colexios gañadores desta final autonómica foron a clase de 2º do CEIP Plurilingüe Virxe da Cela da Coruña na categoría de 6 a 8 anos co seu proxecto Animais en perigo mostras de sangue; e na categoría de 9 a 12 anos a clase 6ºB do CEIP Plurilingüe Javier Sensat de Vigo co seu proxecto Sementeiros na horta escolar.
No certame participaron os 174 centros educativos de toda Galicia nos que se imparte xa o programa DigiCraft, involucrando a máis de 9.500 alumnos a desenvolver proxectos innovadores.
En total recibíronse case 40 contribucións de 17 centros educativos, todas ligados a propostas do alumnado para solucionar problemas ambientais centrados na extinción das especies, a contaminación ou os incendios forestais.
Estes proxectos debían integrar o uso de polo menos un material tecnolóxico estudado durante o curso DigiCraft.
Os dous devanditos equipos recibiron como premio un kit tecnolóxico valorado en 300 euros, un trofeo conmemorativo para o centro e material promocional para a aula. Ambos os grupos participarán o vindeiro 14 de xuño na SuperFinal Nacional, que se celebrará na sede de Vodafone en Madrid e á que acudirán os 10 equipos gañadores das diferentes comunidades e, de entre eles, escolleranse aos dous equipos gañadores a nivel nacional.
O evento contou coa presenza de Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia; José Luis Mira, secretario xeral de Educación e Formación Profesional; Mar Pereira, directora da axencia AMTEGA; e Gloria Placer, directora xeral da Fundación Vodafone España, quen fixo saber que “con esta iniciativa reforzamos o noso compromiso a seguir traballando para favorecer a educación en competencias dixitais desde idades temperás, apoiando a transformación dixital que necesita a nosa sociedade. Buscamos, ademais, a sensibilización dos máis novos coa súa contorna, cos retos da sustentabilidade e ofrecerlles a oportunidade de pensar que poderían facer para lograr un mundo mellor”.
DigiCraft é unha iniciativa da Fundación Vodafone España que, mediante a colaboración coas Consellerías de Educación das Comunidades Autónomas, preséntase nas aulas como un itinerario formativo que pretende espertar nos alumnos o interese polo mundo dixital, ampliando as súas competencias dixitais a través do xogo e a experimentación.
Os centros educativos galegos que participaron na final do SuperReto DigiCraft de Galicia son: Colexio Calasanz, CEIP Plurilingüe Javier Sensat, CEIP Ramón Falco, CEIP Plurilingüe Virxe Do Monte, CEIP de Albeiros, CEIP Plurilingüe O Castro, CEIP Santo Anxo, CEIP Portofaro, CEIP Vistahermosa, CEIP Plurilingüe de Roboreda, CEIP Do Foxo, CEIP Plurilingüe Virxe Do Corpiño, Colexio Divina Pastora, CEIP Plurilingüe Karbo, CEIP Xoaquín Loriga, CEIP Plurilingüe Virxe da Cela e CEIP Plurilingüe A Encarnación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?