Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ponte… nas ondas presenta o proxecto dixital Memoria e patrimonio co apoio de Política Lingüística
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ponte… nas ondas presenta o proxecto dixital Memoria e patrimonio co apoio de Política Lingüística

S. P.
Publicado: 12/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

memoria_e_patrimonio_ponte_nas_ondas.jpgEste mércores 11 de maio presentouse en Muros o proxecto dixital Memoria e Patrimonio, realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia. Trátase dunha iniciativa da Asociación Ponte… nas ondas! que busca pór en valor o traballo de escolas galegas e portuguesas co patrimonio inmaterial dos dous países irmáns (Galicia e Portugal), poñendo o foco nos álbums fotográficos familiares. Na presentación participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Chus Abraldes, e o presidente da dita asociación, Santiago Veloso.
García explicou que Memoria e Patrimonio trátase dun “proxecto interesante por moitos motivos como a participación da mocidade na preservación do patrimonio, a colaboración interxeracional e a transmisión da lingua galega, xa que todo o que está implicado en Ponte…nas ondas! pon á vista os vencellos lingüísticos e culturais entre a Galicia alén do Miño”.
Ao acto, que tivo lugar no instituto IES Plurilingüe Fontexería de Muros, tamén acudiu o alumnado do centro e a súa directora do centro, María José Lago.
Memoria e Patrimonio conta con 25 fotografías seleccionadas entre as recollidas nas primeiras edicións do certame As imaxes do patrimonio de Ponte…nas Ondas!. As imaxes, segundo se destacou na presentación, “son exemplo de como a mocidade de centros educativos de Galicia e de Portugal toman contacto coas xeracións anteriores e recolle as memorias asociadas ao patrimonio inmaterial”. Cada unha das fotografías vai acompañada dun texto explicativo redactado polo alumnado, ademais de ser interpretada graficamente a través dunha banda deseñada elaborada polo ilustrador Andrés Meixide.
Na cita tamén se puxo o foco no formato descargable do libro e no feito de que os materiais conten cunha versión multimedia enriquecida con diversos contidos. Así, pode consultarse en formato de audiolibro e escoitar os podcasts que acompañan cada unha das imaxes e, por outra parte, proporciónanse unha serie de actividades interactivas pensadas para o aproveitamento didáctico a partir das temáticas relacionadas coas diferentes fotografías.
O libro estará dispoñible no Portal da Lingua da Secretaría Xeral de Política Lingüística e na web de Ponte…nas Ondas!.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?