Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha app para o comercio local e unha editorial de libros animados gañan o Programa Explorer by Santander na UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha app para o comercio local e unha editorial de libros animados gañan o Programa Explorer by Santander na UDC

S. P.
Publicado: 12/05/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

O concelleiro Jesús Celemín,  a vicerreitora María José Lombardía, a creadora da editorial Zorro Blanco, Alba Álvarez, e a adxunta á Vicerreitoría, Estefanía Mourelle
O concelleiro Jesús Celemín, a vicerreitora María José Lombardía, a creadora da editorial Zorro Blanco, Alba Álvarez, e a adxunta á Vicerreitoría, Estefanía Mourelle
Xa temos proxectos gañadores na XIII edición do programa de emprendemento universitario Explorer by Santander X (Jóvenes con Soluciones) na UDC: por unha banda o proxecto Cunca (UDC Space de Ferrol), unha plataforma dixital para o comercio local con packaging sustentable, e pola outra Zorro Blanco (UDC Space da Coruña), unha editorial enfocada á creación de libros animados con ilustracións e audiolibros.
Cunca
Pablo Seoane, Sara Soldevilla, Carlos Rodríguez, Ana Montero e Alberto Caaveiro, estudantes do Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto no Campus Industrial de Ferrol, son os creadores de Cunca, unha plataforma de comercio local que pretende deixar claro que “ser de barrio non é un problema, máis ben unha oportunidade”.
Zorro Blanco
Detrás da editorial Zorro Blanco está a antiga alumna da Facultade de Ciencias da Comunicación do Campus da Coruña, Alba Álvarez, quen actualmente cursa un mestrado en Ilustración e Concert Art. Tanto os estudantes da Escola Universitaria de Deseño Industrial como a moza titulada en Comunicación Audiovisual galardoada viaxarán no mes de xullo ata Oporto para continuar formándose nun hub de innovación europeo.
FastVisit, AcercArte, Asmikasa e BODS
No que atinxe ao UDC Space de Ferrol, o segundo premio foi para o proxecto FastVisit, especializado na creación de tarxetas de visita virtuais para restaurantes ou hoteis. Detrás desta proposta están dous estudantes do Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, Sofía Yaringaño e Antonio Cruz. O terceiro premio foi para Eva Cayetana Somolinos, graduada polo Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño nas especialidades instrumentais de Viola e Piano, quen presentou AcercArte, un proxecto que une música e arte a través da sinestesia.
O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolleu este martes 10 de maio a presentación dos 10 proxectos finalistas e o acto de entrega de premios que presidiu a vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade, María José Lombardía, e ao que asistiu a concelleira de Emprego e Promoción Económica, Mayte Deus.
Pola súa banda, no UDC Space da Coruña, o segundo premio foi para o proxecto Asmikasa, un marketplace dirixido aos peregrinos do Camiño de Santiago argallado polo alumno da Facultade de Economía e Empresa, Iago Parga. O terceiro premio foi para BODS, unha plataforma para solicitar bonos para eventos con contido ligado aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable das Nacións Unidas. Detrás desta proposta está o estudante da Facultade de Dereito, Alfonso Martínez.
A plataforma dixital para o comercio local con packaging sostible Cunca foi deseñada por cinco estudantes da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) do Campus Industrial de Ferrol
A plataforma dixital para o comercio local con packaging sostible Cunca foi deseñada por cinco estudantes da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) do Campus Industrial de Ferrol
A Reitoría da Universidade da Coruña acolleu, o luns 9 de maio, a presentación dos oito proxectos finalistas e a entrega de premios que presidiu a vicerreitora María José Lombardía, ao que asistiu o concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industrial e Emprego, Jesús Celemín.
A maiores, tanto no UDC Space de Ferrol coma no de Coruña, os propios participantes do Programa Explorer by Santander X elixiron o mellor vídeo promocional. No Campus Industrial de Ferrol o premio foi para aplicación dixital para o comercio local Cunca e no da Coruña para a editorial Zorro Blanco.
O programa Explorer Jóvenes con Soluciones é unha iniciativa de emprendemento universitario que promove o Banco Santander e dirixe o Centro Internacional Santander Emprendemento. Está dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 31 anos que, ao longo de 12 semanas de formación en liña, traballaron nun proxecto da súa elección para atopar unha “solución sólida e viable” enfocada a resolver problemas relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable 2030 fixados polas Nacións Unidas, tales como a fin da pobreza, unha educación de calidade, a igualdade de xénero, unha enerxía alcanzable e non contaminante, un traballo digno, a redución de desigualdades, accións polo clima ou a creación de alianzas para acadar obxectivos comúns.
Nesta XIII edición, foron un total de 39 mozos e mozas, maioritariamente alumnos e alumnas da Universidade da Coruña, quen recibiron a correspondente formación en liña no UDC Explorer Space do Campus de Coruña e, por segunda vez, no de Ferrol. Os seus proxectos foron mentorizados por persoal docente e investigador da UDC e máis por varios integrantes da delegación coruñesa da Asociación de Sénior Españois para a Cooperación Técnica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?