Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Europe Direct A Coruña abre un espazo virtual en 3D sobre política ambiental europea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Europe Direct A Coruña abre un espazo virtual en 3D sobre política ambiental europea

S. P.
Publicado: 13/05/2022
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

proxima_parada_estacion_verde_deputacion_coruna.jpgA oficina Europe Direct A Coruña, dependente da Deputación, abriu estes días un innovador servizo de información: o servizo Estación Verde, unha contorna virtual en tres dimensións con información, vídeos e contidos didácticos sobre o Pacto Verde Europeo.
A entidade provincial fixo saber que este espazo dixital e natural, nun bosque rodeado de árbores, “permite ás persoas usuarias desprazarse e explorar a Estación Verde de maneira autónoma para descubrir os seus contidos”. Está xa dispoñible na web da Deputación.
Nesta contorna virtual as persoas visitantes poderán realizar unha visita virtual á mostra Pacto Verde Europeo de Europe Direct A Coruña que percorrerá este verán cinco concellos da provincia, así como outros contidos creados por e para a mocidade. Entre eles, cómpre destacar os vídeos creados por mozos e mozas de oito centros educativos de Galicia.
Durante os últimos meses, estes centros educativos, implicados na rede de escolas activas en asuntos europeos da dita oficina da Deputación estiveron traballando nas aulas sobre contidos de medio ambiente e sustentabilidade para crearen propostas audiovisuais ao redor desta temática. No proxecto participan seis Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo en Galicia: IES Eusebio da Guarda (A Coruña), IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, IES Valle-Inclán (Pontevedra), Colexio Miraflores (Ourense), Colexio Padre Feijóo-Zorelle (Ourense) e Colexio Vivas (Vigo). Ademais, sumáronse ao proxecto o CEIP Sigüeiro de Oroso e o IESP Pedra da Aguia de Camariñas, centro este último cunha dilatada traxectoria en actividades europeas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?