Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN acolleu a presentación da licitación de vehículos non tripulados para servizos públicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN acolleu a presentación da licitación de vehículos non tripulados para servizos públicos

S. P.
Publicado: 13/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20220513condelicitacionsaeroespacial2.jpgEste venres 13 de maio celebrouse unha xornada relevante para a nosa terra no ámbito das tecnoloxías aerospaciais: a xornada de presentación da licitación achegada pola Xunta para seguir incorporando novas e innovadoras solucións con vehícullos non tripultados aos servizos públicos. O prazo para presentar propostas á licitación, que vén con 6,5 millóns de euros, está aberto ata o 30 de maio, segundo lembraron Francisco Conde, conselleiro de Economía, e Patricia Argerey, directora da axencia autonómica GAIN, no transcurso da sesión. Tamén dixo que coas ditas solucións reforzarase e impulsarase o servizo das emerxencias sanitarias e sociais e máis a xestión forestal e dos recursos mariños.
civil_uav_initiative_polo_aeroespacial_galicia.jpg A xornada técnica celebrouse en Santiago, na sede da Axencia Galega de Innovación, e abeirouse ao programa de actividades do Plan Estratéxico 2025 do Polo Aeroespacial, coa que o Goberno galego busca impulsar a compra inmediata de solucións innovadoras moi próximas ao mercado, e, deste xeito, materializables en menos de 12 meses.
Tal e como explicou Conde na xornada, a fórmula da licitación é a da Asociación para a Innovación, “coa que se consegue un dobre obxectivo”, por unha banda mellorar a eficiencia dos servizos públicos e, pola outra, validar, testar e ser o primeiro cliente das solucións e produtos desenvolvidos polas empresas e centros de coñecemento, permitíndolles a futuro un mellor posicionamento no mercado global e apoiando de forma específica ás pequenas e medianas empresas.
Os proxectos deberán centrarse no desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras por medio de vehículos non tripulados (UAV) para a atención sanitaria urxente no Camiño de Santiago; a monitoraxe de zonas forestais para a prevención, extinción de incendios e restauración post-lumes; a inspección e vixilancia pesqueira, marisqueira e acuícola; a localización de persoas extraviadas; e para a análise de poboacións de sementes de mexillón e especies cohabitantes.
“Con esta licitación”, sinalou Conde, “o Polo Aeroespacial de Galicia continuará impulsando a colaboración público-privada nos eidos da innovación e a industria, co obxectivo de promover a participación de pemes e centros de coñecemento no desenvolvemento de solucións innovadoras”.
Adicionalmente a esta nova licitación de 6,5 millóns de euros, xa se destinan neste momento 2,9 millóns a despregar e incorporar na carteira de servizos da Xunta solucións da primeira licitación lanzada en 2018, pensadas para a xestión do territorio, o control de pragas forestais e a calidade das augas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?