Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística premia os contidos innovadores do CEIP Virxe do Camiño de Rubía para celebrar as Letras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística premia os contidos innovadores do CEIP Virxe do Camiño de Rubía para celebrar as Letras

S. P.
Publicado: 16/05/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

o_guieiro_de_florencio.jpgO secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entregou este luns 16 de maio o premio ao traballo transmedia gañador do Concurso Exposición Letras Galegas 2022 na modalidade de ensinanza Infantil e Primaria. Fíxoo no colexio CEIP Plurilingüe de Virxe do Camiño de Rubiá (Ourense). García deu os parabéns ao proxecto gañador “polo seu coidado traballo”, unha obra colectiva que apostou polos formatos innovadores e “que implicou a profesorado e alumnado”, dixo. O secretario xeral tamén salientou “o importante labor que realizan por toda a Comunidade os equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos”.
Xunto ao representante autonómico interviñeron a xefa territorial de Ourense, Judith Fernández Novoa; o alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez Núñez; a directora do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño, Andrea Tato, e o representante da familia Gurriarán, Ricardo Gurriarán.
No acto entregouse o cheque co premio ao coordinador do proxecto, Felipe Ulloa González, e do diploma acreditativo a Andrea Tato. Logo, o alumnado gañador recreou o poema A muiñada da obra Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán.
Valentín García engadiu que o traballo gañador na categoría de Infantil e Primaria, Florencio Delgado Gurriarán, poeta do agro, incluíu “un harmonioso conxunto de carteis nos que son de salientar a orixinalidade, a calidade estética e artística e a idoneidade das diversas técnicas e materiais usados na súa elaboración”. Os carteis van acompañados dunha guía didáctica con interesantes tarefas de gamificación e outras destinadas ao alumnado con necesidades específicas, así como orixinais vídeos de animación, na procura de difundir a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán entre o alumnado máis novo. Todos estes materiais atópanse no Portal da Lingua Galega e no blog do centro, O guieiro de Florencio.
IES Cosme López (A Rúa)
Seguidamente, Valentín García desprazouse ao IES Cosme López da Rúa (Ourense) para presentar a exposición sobre a figura homenaxeada pola RAG este 17 de maio correspondente ao resto dos centros e niveis educativos do ensino non universitario.
Ao acto asistiron tamén a xefa territorial de Ourense, Judith Fernández Novoa; a directora do IES, María Rosario Alonso Casas; os autores destes materiais, Débora Álvarez Moldes e Xulio Pérez Veiga, e o representante da familia Gurriarán, Ricardo Gurriarán.
Durante a xornada, o alumnado de 2º de Bacharelato do IES Cosme López recitou poemas sobre o homenaxeado e o público asistente visitou a exposición onde, ademais dos carteis das Letras Galegas, puido contemplar un lenzo coa caracterización de Gurriarán que foi realizado polo alumnado.
Cada unha das exposicións vén acompañada da correspondente guía didáctica, que permite realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra e a época do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, así como regras, marcadores de libros e outros materiais. Todos eles están dispoñibles no Portal da Lingua Galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?