Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova plataforma España Artesana mostra o traballo de 31 obradoiros da nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova plataforma España Artesana mostra o traballo de 31 obradoiros da nosa terra

S. P.
Publicado: 18/05/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

plataforma_espana_artesana.jpgEste 17 de maio presentouse en Madrid a plataforma dixital España Artesana, un servizo dixital para mostrar, difundir e reivindicar a mestría creativa en todo o territorio estatal, impulsado pola Asociación Contemporánea de Artes y Oficios en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte. Por certo que España Artesana nace con notable presenza galega: un total de 31 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados en diferentes oficios, entre os que se atopan representantes de tres das olerías tradicionais aínda activas en Galicia: Buño (Malpica de Bergantiños) a través de Alfarería Aparicio e de Alfarería Rulo; Gundivós (Sober), a través de Rectoral de Gundivós; e Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo), grazas a Alfarería Agustín. Na presentación participou a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.
No servizo tópanse representadas os seguintes obradoiros de oficios tradicionais da nosa terra: Campanas Ocampo (Caldas de Reis), o cesteiro Álvaro M. Leiro (Pazos de Borbén), Idoia Cuesta (Outeiro de Rei) –Premio Artesanía de Galicia 2021– a Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme (Ponteceso), o Obradoiro de Gaitas Seivane, galardoado co Premio Traxectoria nos Premios Artesanía de Galicia 2021 e co Premio Nacional de Artesanía 2013, o obradoiro de elaboración de zocos Eferro (Vila de Cruces) –Premio Nacional de Artesanía 2019– ou as carpinterías de ribeira Astilleros Abeijón Hermanos (Outes), Astilleros Catoira (Rianxo) e Astilleros Fra (Cervo).
No eido da cerámica están representados Ojea Studio (Vigo), cuxa titular, Paula Ojea, participou na presentación celebrada en Madrid; Ana Tenorio do obradoiro Witchneeds (Vigo), Premio Artesanía de Galicia 2018; e Cerámica Unzueta (Brión). En canto á madeira inclúense os obradoiros Woodworks Buschmann (Corcubión), Premio Artesanía de Galicia 2019; Xar Arte Madera (Vigo) e Lorenzo Design (Santiago de Compostela). Tamén están presentes os obradoiros especializados en xoiería e ourivería de Fernando Gallego (Outes) e os composteláns Susi Gesto; Katuxa Platero; Noroeste Obradoiro, Premio Artesanía de Galicia 2016 e Premio Produto nos Premios Nacionais de Artesanía 2021; e Xoiería Ricardo, Premio Traxectoria 2020.
Completan a plataforma a día de hoxe os obradoiros Anaquiños de Papel (A Coruña), gañador da Bolsa Eloy Gesto 2018; Boina Galega (Santiago de Compostela); o obradoiro de coitelos de Celso Núñez Ferreiro (A Fonsagrada); o de téxtil de Inés RIR&Co (Allariz), gañadora do I Certame de Materiais Innovadores 2022; as esculturas téxtiles de Mercedes Vicente (Brión), finalista do Loewe Crafts Prize 2018; o obradoiro de coiro de Santiago Besteiro (Monterroso) e os obxectos de corda de algodón de Degerónimo (Santiago de Compostela).
O obxectivo da plataforma España Artesana é “achegar a artesanía aos novos públicos dixitais, tanto nacionais coma internacionais”, “dar visibilidade aos profesionais, así como aos seus oficios”, e “difundir o produto artesán contemporáneo a través da súa plataforma de ecommerce, na que se ofrecerán unha escolma de pezas únicas tanto pola súa creatividade e deseño como pola calidade e a mestría da súa manufactura”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?