Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Regades e Miñones fan balance do programa Kit Dixital, que mobiliza 3.000 millóns para as pemes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Regades e Miñones fan balance do programa Kit Dixital, que mobiliza 3.000 millóns para as pemes

S. P.
Publicado: 18/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

zona_franca_kiit_dixital.jpgA Zona Franca de Vigo acolleu este mércores 18 unha reunión do delegado do Estado, David Regades, e o delegado do Goberno, José Miñones, con pemes e con axentes dixitalizadores da asociación de empresas tecnolóxicas galegas Ineo. O obxectivo foi facer balance de como se está despregando o Programa Kit Dixital do Goberno de España e Red.es da man dos seus protagonistas. O programa mobiliza 3.000 millóns para dar o empurrón definitivo á transformación das pequenas e medianas e empresas.
Tamén asistiron a subdelegada do Goberno, Maica Larriba e o director de operacións de Ineo, Luís Rey, que animou ás empresas a presentarse a estas axudas de Kit Dixital e explicou que “a dixitalización é un medio para que as empresas sexan máis competitivas, produtivas, teñan maior e mellor visibilidade”. Tamén salientou as vantaxes do programa polo necesarios que son os bonos dixitais para as empresas, “sobre todo para as pequenas, porque lles axudan a dar ese impulso que necesitan”. Rematou dicindo que “dende Ineo cremos na colaboración entre o sector TIC, e entre este sector e os demais sectores empresariais, por iso creamos o grupo de traballo de axentes dixitalizadores, empresas socias de Ineo homologadas para prestar servizos no marco do programa, e ademais puxemos en marcha a Oficina Acelera Peme de Ineo, para axudar ás pemes de Galicia a transformarse”.
Un programa de éxito
Segundo salientaron Miñones, Regades e Álvarez, a día de hoxe o 50% das empresas de entre 10 e menos de 50 empregados de Galicia solicitaron o Kit Dixital. Amais, recibíronse en toda España 57.000 solicitudes das que se concederon xa 7.000. En Galicia pedíronse 2.952 axudas, o 46% das empresas dese segmento. En canto aos axentes dixitalizadores, hai en España 7.311, dos que teñen domicilio fiscal en Galicia 415.
O programa Kit Dixital está dotado cun orzamento de 3.067 millóns de euros e está financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España Next Generation EU e ten como obxectivo “dixitalizar preto dun millón de pemes e autónomos en todo o territorio nacional de todos os sectores produtivos durante os vindeiros tres anos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?