Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ames celebra cun coloquio, unha proxección e unha mostra o 20º aniversario de O bosque animado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ames celebra cun coloquio, unha proxección e unha mostra o 20º aniversario de O bosque animado

S. P.
Publicado: 19/05/2022
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bosque_animado.jpgO Concello de Ames conmemorará dende o martes 24 de maio o vixésimo aniversario da estrea da película de animación realizada pola produtora coruñesa Dygra Films, O bosque animado, a primeira longametraxe de animación integramente en 3D producida fóra dos Estados Unidos e en galego. Neste senso, o martes celebrarase na Casa da Cultura do Milladoiro un coloquio sobre a creación de películas de animación, para o alumnado da ESO dos IES de Ames; proxectarase o filme de balde, ás 18:00 horas; e inaugurarase a exposición interactiva, ás 20:00 horas, que poderá visitarse no centro sociocultural ata o 6 de xuño.
Estreada en 2001 e dobrada ao galego un ano despois, O bosque animado gañou dous premios Goya e foi a película española pioneira en ser preseleccionada para o premio Óscar á Mellor longametraxe de animación.
Segundo lembran fontes do Concello, esta longametraxe de animación “foi un fito tanto para o audiovisual galego como para a normalización lingüística do país, debido á gran repercusión da película como á súa pronta dobraxe ao galego”. Tamén destacou polos retos superados en materia de recursos: “Ao longo da produción, feita na súa totalidade na Coruña, foi necesario innovar en moitos ámbitos e formar ao equipo técnico, por mor da escaseza de profesionais formados en Galicia e practicamente en Europa no ámbito do 3D”.
Co fin de conmemorar a estrea da película, o Concello de Ames coa colaboración da Deputación da Coruña, desenvolverá dende o martes 24 de maio, unha serie de actividades de balde na Casa da Cultura do Milladoiro. Ese día, ás 12.30 horas, abrirase a xornada co obradoiro Así se fai unha película de animación, para o alumnado da ESO dos IES de Ames, no que se falará do proceso de creación deste tipo de filmes.
Xa pola tarde, ás 18:00 horas celebrarase a proxección de O bosque animado, á que asistirá o director da película, Manolo Gómez. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo. Deseguido, ás 20:.00 horas, inaugurarase a exposición interactiva sobre o filme, XX anos de O bosque animado, que xa percorreu España, Portugal e Francia. A mostra permanecerá na Casa da Cultura do Milladoiro ata o 6 de xuño, e será de acceso libre para todos os públicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?